ATLETISMO
ÁLEX SIERPES PEREIRA SAIU VITORIOSO DE ITÁLICA, POR PARTIDA DOBRE
Bañouse de ouro no XLII Internacional de Itálica 2024, e paralelamente fíxoso glorioso co 1º posto individual no LIX Campionato de España de Clubs
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
Esta pasada fin de semana a localidade sevillana de Santiponce, acolleu a XLII edición do prestixioso Cros Internacional de Itálica 2024, que reuniu ás mellores figuras do mundo do atletismo tanto nacional como internacional, e a máis de 40.000 persoas nos dous días do devandito evento.
Esta proba, que está considerada como unha das mellores do calendario da Asociación Internacional de Federacions de Atletismo (IAFF) Country Cros, congregou nin máis nin menos que a 7.000 atletas, de 431 clubs, deixando unha estampa da maior relevancia desta importante proba que realiza a Real Federación Español de Atletismo (RFEA) de todos os campionatos nacionais que se realizan ao longo do ano.
Durante a súa participación no devandito campionato, o atleta Álex Sierpes Pereira, de A Guarda, que interveu co noso filial o Club Atletismo Narón, sobre un percorrido de 4 km aproximadamente, deixounos uns momentos memorables que quedarán gravados para a historia do Narón, facendo un tempo de 12:05, e dese xeito conseguiu un triunfo espectacular, por diante do internacional Xavi Cabanilles Año, do club Asics Running, que fixo un rexistro de 12:13, e do lucense Teo de Frutos Rodríguez, do Lucus Caixa Rural Galega, que parou o crono nos 12:16.
Con seu brillante labor Álex Sierpes Pereira axudou a conseguir a 9ª posición sumando 1 punto por equipos, con 204 puntos en total na categoría Sub18 (xuvenil), co equipo composto polo seu irmán Christian Sierpes, que cun tempo de 13:04, entrou segundo mellor do equipo sumando 45; Manuel Campello Carballo, 74; e Gael Varela Moreno, 84.
Na foto do pódium Álex colgouse a coroa de loureiro - como símbolo de triunfo - na súa cabeza, como mítico gañador do Cros de Itálica.
Moitas felicidades a todos e a seguir crecendo xuntos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario