O Concello de A Guarda organiza un campamento de Nadal
Para facilitar a conciliación en festas
Infogauda / A Guarda
Conciliaguarda no Nadal é a proposta de campamentos de conciliación para as próximas vacacións de Nadal. O Concello de A Guarda organiza este campamento cheo de actividades lúdicas para as crianzas e así facilitar a conciliación da vida persoal e laboral.
Os obradoiros terán lugar os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro; e 2 e 3 de xaneiro, de 9 a 14 horas. Cabe a posibilidade de aumentar o horario de 8:30 a 14:30 horas para aquelas familias que o precisen.
Ofértanse un total de 30 prazas para a rapazada empadroada na Guarda con idades entre os 3 e os 10 anos (é dicir, escolarizadas desde 4º de Educación Infantil).
Para inscribirse pódese acudir presencialmente no Rexistro do Concello coa ficha de inscrición cuberta, ou na sede electrónica cubrindo unha instancia xeral xunto coa Ficha Inscrición Campamento Nadal que se atopa na web do Concello. O prazo de inscrición comeza o próximo 20 de novembro e remata o 5 de decembro.
En caso de que o número de inscricións supere o número de prazas realizarase un sorteo público o 13 de decembro ás 10:00 horas no Concello da Guarda.
A listaxe de persoas admitidas será publicado na web do Concello e aparecerá codificado co número de rexistro da solicitude, polo que resulta importante conservar o comprobante da presentación da mesma.
Máis información en informacion@aguarda.es ou na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario