21 de ago. de 2024

SALCIDOS (A GUARDA)

A BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA ACTUARÁ NA PRAZA DE SALCIDOS

 O venres, 30 de agosto, ás 20:15 horas



Ricardo Rodríguez Vicente / Salcidos

 Achegar á música as parroquias do municipio, e por conseguinte, contribuír ao fomento da cultura musical, e mesmo a despertar posibles vocacións musicais; ben poden ser algúns dos obxectivos de Concertos nas parroquias.

 Esa iniciativa da Agrupación Musical de A Guarda, que conta coa colaboración do Concello, fará posible que o vindeiro día 30 de agosto, ás 20:15 horas, na praza de Salcidos, a banda de música da Agrupación Musical de A Guarda ofreza un concerto.

 Dese xeito, á veciñanza de Salcidos e doutros lugares do municipio, e por suposto, as persoas que nestes días atópanse gozando das súas vacacións no noso pobo, desfrutarán co programa que a banda de música vainos ofrecer. 

 Vai ser, sen ningunha dúbida, unha oportunidade magnífica para que tanto as persoas maiores como ás máis xoves desfruten escoitando esa actuación da banda de música da Agrupación Musical de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario