20 de ago. de 2024

SALCIDOS (A GUARDA)

NOITE DE ESTRELAS E PETRÓGLIFOS  

• O sábado 24 de agosto, ás 20:30 horas, dende a casa da Comunidade de Montes de Salcidos (na Subida ao Torroso) 


Ricardo Rodríguez Vicente / Salcidos   

 Logo do éxito acadado na edición de 2023, e segundo había adiantado oportunamente; a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos organiza unha nova actividade, denominada "Noite de estrelas e petróglifos". Será este sábado día 24 de agosto de 2024, con saída ás 20:30 horas, dende a casa da comunidade, sita na Subida ao Torroso.   

 A xeira contará novamente coa participación do arqueólogo Benito Vilas Estévez, membro de Árbore Arqueoloxía Sociedade Cooperativa Galega.    

 A organización recomenda levar lanterna. Asemade, ao ser de noite á actividade a realizar, suxerimos levar roupa e calzado axeitados.   

 O roteiro ata o alto do monte Torroso, é de dificultade media.

 Para máis información, premer eiquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario