18 de ago. de 2024

RANDUFE (TUI)

XXVI SEMANA CULTURAL DE RANDUFE

Do 25 de agosto ao 7 de setembro de 2024





Infogauda / Randufe (Tui)

 En Randufe á veciñanza amosa unha enorme ledicia polo inminente comezo da celebración da XXXVI edición da Semana Cultural, que terá lugar  entre o 25 de agosto e o 7 de setembro, no atrio da igrexa da Guía,  e contará cunha oferta moi variada de actos culturais.  

 As actividades previstas comezarán o vindeiro domingo 25 de agosto, coa XXXV edición da Carreira Popular de Randufe.
 
 Deporte, folclore de diversas partes da península, actuacións con sons pregravados, acordeóns, humor, música dos 80/90, música fusión, sorteos, etc., configuran un amplo programa para o goce dos veciños e dos visitantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario