27 de ago. de 2024

DEPORTES

PIRAGÜISMO

AS TEIXUGAS LEILA E NEREA. INTEGRANTES DA  SELECCIÓN GALEGA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SLÁLOM POR AUTONOMÍAS  


Deportistas convocados pola Federación Galega de Piragüismo  para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Slálom e Caiac Cross de Novas Promesas

Na clasificación final por autonomías, a Federación Galega rematou terceira por detrás da Federación Catalá e da Vasca

Informa (fotografías e redacción): Rosa Fernández Carrera

 A pasada fin de semana celebrouse en Calasparra (Murcia), o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Slálom e Caiac Cross de Novas Promesas. Nas augas do río Segura, déronse cita os mellores deportistas de cada comunidade autónoma das categorías cadete e infantil. O sábado disputáronse as probas de slálom, caiac, canoa e patrullas; e, o domingo, as probas de caiac cross.   

 A Federación convocou a Leila Álvarez e Nerea Álvarez, do Club Deportivo Miño-Teixugos, como integrantes da selección galega.  


Leila Álvarez e Nerea Álvarez, do Club Deportivo Miño-Teixugos


  O sábado, Leila Álvarez, en K1 infantil, rematou a proba en décimo lugar. O domingo, en caiac cross, volveu a acadar o décimo posto.  

 Nerea tivo dobre participación, xa que o fixo en C1 e K1 infantil. En K1 rematou a proba duodécima e en C1 foi décima. O domingo en caiac cross foi décimo terceira.  

 Tamén no sábado se celebrou a competición de patrullas ou equipos, na que os tres integrantes deben facer xuntos o circuíto. Leila e Nerea, formando parte do equipo de K1 de Galicia xunto a Freixa Rey acadaron a medalla de bronce. Nerea volveu a facerse con outra medalla, tamén de bronce, co equipo de C1, xunto a Uxía Cortegoso e Freixa Rey.  


Leila Álvarez e Nerea Álvarez, do Club Deportivo Miño-Teixugos

 Gran papel destas pequenas teixugas que viviron unha gran experiencia deportiva e social en terras de Murcia, xunto a pequenos deportistas de toda España.  

 Na clasificación final por autonomías, a Federación Galega rematou terceira por detrás da Federación Catalá e da Vasca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario