9 de ago. de 2024

A GUARDA

GRAN VELADA DE BOXEO

Homenaxe aos nosos campións: Fernando Bernárdez, Esteban Doiro e Carlos Miguel

Xoves, 15 de agosto de 2024, ás 8 da tarde, na pavillón municipal A Sangriña





Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O boxeo volta á vila de A Guarda, localidade na que ese deporte sempre contou con adeptos, motivo polo cal, ao longo de moitos anos, co gallo das Festas do Monte Santa Trega, acostumaba incluirse na programación das mesmas, unha velada. Con todo, como queira que pasaron bastantes anos, nos que esa tradición non tivo continuidade no tempo, a Comisión de Festas do Monte, 2024, recupéraa. 

 Dese xeito, coa colaboración do Concello de A Guarda, o vindeiro xoves día 15 de agosto, ás 8 da tarde, no pavillón  municipal A Sangriña, haberá unha gran velada de boxeo. Será en homenaxe aos nosos campións: Fernando Bernárdez, Esteban Doiro e Carlos Miguel.

 Haberá 6 combates a 3 asaltos, de boxeadores neo-profesionais.

 E ademais, no ecuador da velada, subirán ao cuadrilátero as vellas glorias e ofrecerán unha exhibición. 

 Os prezos das entradas son os seguintes: cadeira 15 euros; grada 10 euros.

 Vai ser, con certeza, un evento deportivo no que os afeccionados ao boxeo vai ter unha magnífica oportunidade de presenciar de preto a Fernando Bernárdez, Esteban Doiro e Carlos Miguel. Tres deportistas de brillante palmarés no mundo do boxeo, e ao mesmo tempo, tres persoas que saben, por experiencia persoal, que para acadar éxitos deportivos ou en calquer outro ámbito da vida, é necesario sacrificarse. Sen esforzo non se logran os obxectivos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario