16 de xul. de 2024

O ROSAL

O Rosal estrea con música os seus Tardeos na Praza   

Será este xoves 18 de xullo ás 20.30 horas na praza do Calvario  




Infogauda / O Rosa

 O Concello do Rosal vai dar comezo aos seus Tardeos na Praza, unha nova iniciativa que este verán encherá de vida a praza do Calvario, con catro xornadas de actividades pensadas para públicos moi diversos. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, amosouse entusiasmada con esta nova proposta da axenda cultural que promete converter os seráns nun punto de encontro para a veciñanza.  

 “A praza do Calvario transfórmase de novo nun lugar de encontro onde todas e todos podamos gozar de actividades culturais e do lecer ao aire libre. Con estes tardeos, buscamos ofrecer unha programación variada que poida ser desfrutada por persoas de todas as idades”, destacou.  

 A primeira xornada arrancará este xoves 18 de xullo ás 20.30 horas coa actuación de Gold&Colt, unha banda de folk americano composta por músicos veteranos de distintos puntos de Galicia. O seu son auténtico e enérxico promete marcar un inicio espectacular para esta serie de eventos

Ningún comentario:

Publicar un comentario