16 de xul. de 2024

A GUARDA

A CIG concentrarase este mércores contra a dobre escala salarial en IKF 

Nos xulgados de Vigo coincidindo coa celabración do xuízo contra a empresa 


Imaxe de arquivo dunha asemblea do persoal da empresa Imerys Kiln Furniture (IKF), das Cachadas (A Guarda), no comezo - 19 de outubro de 2021 - da folga indefinida, contra a dobre escala salarial e pola actualización dos soldos de acordo co pactado 

Infogauda / A Guarda 

 A CIG ten convocada unha concentración para mañá, mércores 17 de xullo, ás 10:45 horas, diante dos xulgados de Vigo, coincidindo coa celebración do xuízo contra a empresa Imerys Kiln Furniture (IKF) pola dobre escala salarial que aplica e que afecta ao persoal de nova incorporación”.

 IKF, sitada nas Cachadas (A Guarda) dedícase á fabricación de materiais refractarios e despois de anos de loita contra a dobre escala salarial e ante a imposibilidade de chegar a un acordo no plan de igualdade para rematar con esta discriminación, a CIG presentou unha demanda contra a empresa pola aplicación deste sistema retributivo que xera grandes discriminacións e desigualdades entre o cadro de persoal”.

 Esta fenda salarial supón que haxa persoal na empresa facendo exactamente o mesmo traballo pero cobrando até un 30% menos”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario