17 de xul. de 2024

A GUARDA

MARÍA DO CEO VOLVEU ATA O PORTO GUARDÉS PARA CANTARLLES A GALIZA E A PORTUGAL 

Na compaña da banda de música da Agrupación Musical de A Guarda

Poñendo broche de ouro ás festas na honra da Virxe do Carme



María do Ceo nun momento da súa brillante actuación, acompañada da banda de música da Agrupación Musical de A Guarda
Así estaba onte á noite a carpa durante o concerto de María do Ceo

Momento no que os representantes da comisión de festas da Virxe do Carme, efectuaron á entrega duns agasallos conmemorativos
Reportaxe fotográfica: Xosé Salgado


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Co aforo dunha carpa - ubicada no Portiño Novo -, totalmente cuberto, o concerto de María do Ceo coa banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, foi un evento magnífico que agradou ao respectable público alí congregado, como quedou demostrado cos sonoros aprausos que lles foron dedicados tanto a artista nada en Porto (Portugal), como aos compoñentes da banda de música guardesa.

 O concerto comezou coa actuación da banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta, que a xeito de limiar interpretou Pasodobre guardés, de José Luis Lorenzo Rodríguez, continuando con varias obras do seu repertorio, entre elas, o pasodobre galego A Guarda (Música de José Luis Represas Carrera - Letra: Chuny Vázquez Vicente), que a Agrupación Musical de A Guarda estreou no Concerto de Primavera, celebrado o sábado 29 de abril de 2023.

 Logo dese preludio, a fadista María do Ceo fixo súa entrada no escenario, e co acompañamento da banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, interpretou de xeito brillante, entre outras, as seguintes obras: María Soliña (Letra: Celso Emilio Ferreiro - Música: Julio Domínguez); Lela (Letra: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao - Música:   Rosendo Mato Hermida); Negra sombra (Letra: Rosalía de Castro - Música: Xoán Montes Capón); Lisboa antiga (Letra:  José Galhardo - Música: Raúl Ferrão); Uma casa portuguesa (Letra: Reinaldo Edgar de Azevedo e Silva Ferreira - Música: Artur Fonseca);  Bate a mar (Letra: María do Ceo - Música: A. Armando González); María a portuguesa (Letra e música: José Carlos Cano Fernández); O Sancristán de Coimbra (Popular portugués - Música: José Afonso),...

 A fadista portuense, e residente en Galicia, faría un breve receso, no que novamente a banda de música da Agrupación Musical de A Guarda foi a que continuaría interpretando varias obras. 

 E finalmente voltaría ao escenario María do Ceo, para completar un marabilloso concerto - cantándolle coa súa inigualable e tímbrica voz, a Galiza e a Portugal -, coa complicidade do público, que mesmo entoou algún retrouso e acompañou coas palmas; e que poría broche de ouro as festas na honra da Virxe do Carme deste 2024, cuxa comisión agradeceu a asistencia do público e os apoios recibidos, tanto da concellalía de Cultura e a alcaldía do Concello de A Guarda, como do comercio e da industria da contorna.

Ningún comentario:

Publicar un comentario