A ASOCIACIÓN NATURALISTA "BAIXO
MIÑO" (ANABAM) PUBLICOU O BOLETÍN "CARRIZAL", Nº 22 - ÉPOCA II
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Como xa indicamos con
anterioridade, a Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM),
publicou os boletíns "Carrizal", correspondentes aos seis
bimestres de 2023 e o primeiro bimestre de 2024.
Dado que xa publicamos sendas recensións dos números 17, 18, 19, 20 e 21 do "Carrizal" - Época II, hoxe imos referirnos ao contido do nº 22, correspondente a novembro/decembro de 2023, que na súa portada leva a fotografía - da autoría do fotógrafo naturalista Luis Dorado Senra, de Fornelos (O Rosal) -, dun exemplar de froitos de Hedera helix, ou hedra común, que é unha especie orixinaria dos bosques húmidos do oeste, o centro e o sur de Europa, norte de África e Asia, desde a India ata Xapón
Nas páxinas interiores,
ademais de figurar a composición da xunta directiva de ANABAM; datos de
contacto coa asociación; importes das cotas de socios/as, etc., vemos os
seguintes traballos:
• Aniñamento de gaivotas na vila da Guarda, por Agustín Ferreira Lorenzo.
• Crónica dunha xeira entomolóxica polo monte Aloia, por José Rodrigo Dapena.
• Estudo dos anfibios presentes na Serra da Groba, por María Comesaña, Laura Díaz, Jonás Fernández e Julia González.
• Colaboración cidadá.
• Cousas de ANABAM:
- Proxecto Larus: primeiros pitos da tempada 2023.
- Varamento dun arroaz na costa da Guarda.
- Honckenya peploides: hai esperanza.
- Programa I´Am Nature "Acerca do Minho".
- Concello da Guarda: parcela de axuda aos insectos.
- ANABAM: protección de Honckenya peploides
- ANABAM: limpeza do areal de Camposancos.
- Conta atrás para poñer en marcha outros dos proxectos máis ambiciosos.
- Tinteiro Aplysia punctata.
- ANABAM envía a nova instancia á nova corporación da Guardesa (sic) por incumprimento da Lei nas últimas dúas lexislaturas.
- ANABAM recibe unha subvención do Concello da Guarda.
• Apuntes da nosa historia: Centro de interpretación da natureza. O que puido ser e non foi.
Tamén figura un resumo das actividades previstas para novembro/decembro 2023.
Como se indica nesta
interesante publicación, impresa en papel reciclado, e que os socios de ANABAM
reciben de balde; este número do boletín "Carrizal" está
parcialmente subvencionado polo Concello de A Guarda.
En vindeiras datas iremos informando doutros números do Carrizal publicados por ANABAM.
Ningún comentario:
Publicar un comentario