10 de out. de 2024

A GUARDA

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda conmemorará o Día das Bibliotecas 

 Con regalos e contacontos para os máis pequenos   




Infogauda / A Guarda 

 O próximo día 24 de outubro conmemorarase o Día das Bibliotecas e para celebralo desde a Biblioteca Pública Municipal da Guarda teñen preparado dúas actividades.  

 A primeira delas dará comezo a partir xa do próximo luns 14, regalando un libro aos máis pequenos que leven libros en préstamo. Trátanse de libros doados pola escritora e ilustradora Ánxeles Ferrer, coma “Tres princesas namoradas” ou “Branca de Neve e os sete ananos”.  


Libros de agasallos para os lectores máis pequenos que leven libros de préstamo da Biblioteca Pública Municipal de A Guarda
 

 Este agasallo estará dispoñible desde o 14 ata o 31 de outubro, ata que se rematen as existencias. 




 A segunda actividade consistirá nun contacontos para o sábado 26 de outubro, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal. Trátase de “Extra Terrestre”, unha historia dun ser vivo orixinario de calquer lugar alleo a Terra, que viaxa por varios planetas aprendendo sobre a amizade, respecto e igualdade. A través de teatro de papel pop-up e marionetas, esta mensaxe intentará chegar aos máis pequenos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario