Concerto da banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, en Camposancos
José Fernando Martínez Martínez / Camposancos
Na tarde de onte sábado, día 5 de outubro, o salón de actos da Comunidade de Montes de Camposancos foi escenario da actuación da banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida polo mestre Víctor Luis Alonso Treinta. Foi unha actuación para lembrar no futuro. O salón fixose pequeno e os músicos excelentes. Tedes futuro ¡Claro que sí!
Non podemos silenciar que esta actuación espectacular foi gratuita, non cobrastes nin un euro. Queremos deixar este aviso a navegantes e en maiusculas, ¡A Agrupación Musical de A Guarda atuou en Camposancos totalmente gratis!
Mil grazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario