18 de xul. de 2024

A GUARDA

Aberta a oficina para corrixir a cartografía catastral do municipio


Casa do Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 No día de onte, o Concello de A Guarda fixo pública na súa páxina web e redes sociais, á seguinte nota:

 O Concello da Guarda habilitou, como xa se anunciara, unha oficina para atender, explicar e corrixir os erros do catastro detectados na cartografía do termo municipal da Guarda. A oficina terá atención personalizada ao público e sen custo.  

 Para unha mellor eficiencia, haberá que pedir cita previa, que xa se poden solicitar desde o pasado luns 15 chamando ao Concello no número 986 61 00 00 (extensión 2).

Ningún comentario:

Publicar un comentario