11 de out. de 2024

A GUARDA

O alcalde de A Guarda convocou dúas sesións extraordinarias da Comisión de Asuntos Plenarios

 Para o mércores, 16 de outubro, ás 8:30 e ás 8:45 horas, respectivamente, na Casa do Concello

Fernando Reyes González, presentou súa renuncia ao cargo de concelleiro, cuxas áreas delegadas son Turismo, Seguridade e Mobilidade, 

Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda 

 O alcalde de A Guarda vén de convocar dúas sesións extraordinarias da Comisión de Asuntos Plenarios, para o mércores, 16 de outubro. Na primera, das sesións, cuxo comezo está sinalado para ás 8:30 horas, na Casa do Concello, tratarase o seguinte asunto:

1. Expediente 2176/2024. PROPOSTA DE ALCALDÍA ACORDO SUPLEMENTO CRÉDITO_CRÉDITO EXTRAORDINARIO Nº 2. M.O. Nº110”.

 Na segunda sesión, cuxo comezo está previsto para ás 8:45 horas, os asuntos a tratar serán os seguintes:

1. Expediente 2580/2024. TOMA DE COÑECEMENTO DA RENUNCIA AO CARGO DE CONCELLEIRO PRESENTADA POR DON FERNANDO REYES GONZÁLEZ. 

2. Expediente 2461/2024. PROPOSTA DE ALCALDÍA APROBACIÓN INICIAL ORDENANZA PRÉSTAMO TRITURADORA BIOMASA.  

3. Expediente 1856/2024. PROPOSTA DE ALCALDÍA APROBACIÓN EXPEDIENTE LICITACIÓN PISCINA 2024.”

Crónica dunha renuncia previsible desde o minuto 1

 A renuncia de Fernando Reyes González ao cargo de concelleiro, entraba nas previsións de calquer observador que siga de preto á actividade política local. Polo tanto non sorprende esa decisión, especialmente tendo en conta á actividade profesional que vén realizando o devandito edil. A ese respecto nada hai que decir.

 O que si hai que decir, é que os partidos políticos - en xeral - deberan levar como candidatos/as a persoas libres de compromisos extramunicipais, sexan estes do tipo de sexan. 

 Respectando os asuntos internos de cada partido, e por suposto as decisións de cada un dos seus membros, da a impresión de que o nivel de compromiso co electorado - en xeral - e cos votantes, en particular, semella que non se están tendo en conta. E non nos referimos a unha formación política en concreto, porque exemplos hainos en máis dunha delas.

 Para nós, a renuncia de Fernando Reyes González ao cargo de concelleiro era previsible desde o minuto 1. E non será á última.

 Acontece que a participación desa persoa na candidatura do PP foi cualificada políticamente, de cara ao electorado, dun xeito determinado, pensando na rendabilidade en canto a resultados na xornada electoral.  Agora, visto o visto, cando tan soio transcorreron pouco máis de 15 meses e medio desde a toma de posesión (17 de xuño de 2023) da corporación municipal de A Guarda queda perfectamente claro cal era a finalidade última da inclusión de algunhas persoas nalgunhas candidaturas. 

 E logo ainda haberá quen se pregunte por qué á clase política - en xeral - ten a - minguante -credibilidade que ten.

 De non decidir outra cousa, a persoa que no seu momento podería cubrir a vacante - cando esta se produza - pode ser Carla Lomba Quintas, que ía no posto nº 10, da candidatura do Partido Popular (PP), de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario