10 de out. de 2024

DEPORTES

FÚTBOL

Primeira Galicia - Grupo 6

O SPORTING GUARDÉS DISPOSTO PRA TENTAR QUITARSE UNHA "ESPIÑA"

 O domingo día 13 de outubro, ás 17:00 horas, no Estadio Municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
 
 Un empate (1-1) na xornada 4, no encontro disputado na Sangriña, fronte ao Goián C.F., e unha derrota (0-1) na xornada 5, no feudo do Santa Mariña, foron os chumbos que motivaron que o Sporting Guardés baixase cinco chanzos na táboa clasificatoria. A día de hoxe, o equipo de A Guarda, con 8 puntos - os mesmos que o C.D. Caldelas, Erizana C.F., U.D. Mos e o E.D. Val Miñor - atópase na 7ª posición. Nada preocupante.
 
 Con todo, o conxunto que dirixe Antonio Rodríguez (Toñete), debe reflexionar respecto aos resultados acadados nesas dúas xornadas precedentes, toda vez que foron 4 puntos que fuxiron e iso no fútbol, as veces non soio acontece, senón que ten consecuencias. Reflexión que debera motivar a totalidade do equipo do Sporting Guardés a resarcirse dese quebranto, especialmente, tendo en conta que os rivais - sen menoscabo para eles - atópanse nos postos 13 e 14, respectivamente, da táboa.

 Dito iso, a actitude no encontro que o Sporting Guardés disputará este domingo día 13 de outubro, ás 17:00 horas, no Estadio Municipal A Sangriña, fronte ao C.C.D. Chaín - situado na posición 15ª -; debera ser do máximo compromiso persoal e colectivo, de todos os xogadores guardesistas. Compromiso persoal, porque cada un debe achegar toda súa intelixencia e toda súa capacidade para lograr acadar o compromiso colectivo de ofrecerlles aos afeccionados un fútbol motivador e ao mesmo tempo práctico no marcador. Cómpre quitarse a "espiña" do pasado máis inmediato.

 Obviamente os integrantes do Centro Cultural e Deportivo Chaín, non virán desde Gondomar por pasar - sen mais - a tarde do domingo. O seu obxectivo é o mesmo que o do Sporting Guardés. Ou iso, intúe este cronista, e polo tanto haberá que traballar - deportivamente falando - para que os puntos en xogo queden na vila do Trega.

 Dese xeito, prevemos que o encontro vai ter moito atractivo, tanto para os seareiros visitantes como para os de A Guarda e súa contorna.

Ningún comentario:

Publicar un comentario