JOSÉ ANTONIO URIS GUISANTES RELEMBROU Á ÉPICA DAS MULLERES SOLIDARIAS COS PRESOS REPUBLICANOS
• Do campo de concentración de prisioneiros, implantado na Pasaxe (Camposancos), polos franquistas
Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez / Camposancos
As mulleres camposinas e o campo de concentración. Magnífica a crónica que nos ofreceu onte José Antonio Uris Guisantes na Casa Social da Comunidade de Montes de Camposancos, sobre valor e a solidariedade dun feixe de mulleres camposinas, concienciadas e comprometidas na atención e coidados, ás veces clandestinos, aos presos republicanos confinados no campo de concentración de Camposancos, ubicado en parte das dependencias do colexio xesuíta.
Unha lección de historia que, desde o pasado debe facernos reflexionar sobre os conflictos armados no presente.
Parabéns e obrigados por aceitar o convite da Comunidade de Montes de Camposancos e polo que poidemos aprender da maxistral conferencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario