MARÍA DO CEO CANTOULLE AOS POETAS DE ALÉN E AQUÉN MIÑO
• No magnífico concerto - enmarcado no programa Entradiñas de Aninovo ., que ofreceu na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda
María do Ceo, con Roberto José Álvarez Carrero, alcalde de A Guarda, e Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro de Cultura e Deportes, nos momentos posteriores ao concerto.
Foto: C.A.G.
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Na tarde do pasado domingo, 12 de xaneiro de 2025, a igrexa parroquial de Santa María acolleu un magnífico concerto - enmarcado no programa Entradiñas de Aninovo, da Deputación de Pontevedra - da fadista María do Ceo, co que o Concello de A Guarda, puxo broche de ouro a programación do Nadal precedente.
Coa cabida do templo totalmente completa, a fadista María do Ceo, acompañada polos músicos - e fillos seus - Álex Salgado, a guitarra portuguesa, e Raúl Salgado, á guitarra española; ofreceu un inesquecible concerto, brindándonos a mellor expresión da súa arte, elegante e a vez, de cercanía coa audiencia. Dese xeito, coa súa prodixiosa voz expresou os sentires e mesmo a alma, dos poetas de alén e aquén Miño: Fernando Pessoa, Rosalía de Castro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Armando González López, Zeca Afonso,... E tamén interpretou temas populares.
Pezas como "Negra Sombra", "Lela", "Bate a mar", "O sancristán de Coimbra", "Fado Norte",.. foron, entre outras, algunhas das cancións que María do Ceo ofreceunos sen reparar no tempo da actuación e con total entrega.
Foi un concerto moi grato, no que a artista - que conta cunha brillante e recoñecida traxectoria, tanto en actuacións en directo como en traballos discográficos - convidou ao público a cantar máis dun retrouso, logrando unha verdadeira interacción co respectable, que gozou co espectáculo.
O alcalde de A Guarda, en nome propio e no de toda a cidadanía guardesa, agradeceulle súa actuación, e afirmou que María do Ceo voltará actuar na nosa vila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario