ATLETISMO
Álex Sierpes Pereira, co seu triunfo no Cros XXXVII Internacional Ciudad de Valladolid, reinou na categoría Sub18, e a saga conquista por partida dobre os títulos de campións autonómicos de Castela León en xuvenís, e júnior masculinos
• Os irmáns Sierpes Pereira cumpren así, o primeiro obxectivo da tempada establecido polo Vicky Foods Athletics
Fotos: Cedidas
Redacción Deportes / A Guarda
Esta pasada fin de semana os irmáns Christian e Álex Sierpes Pereira desprazáronse a Valladolid para debutar na rexión do seu novo equipo e tentar axudarlles a conseguir o primeiro obxectivo marcado polo Vicky Foods Athletics, que non era outro que facerse cos títulos das súas respectivas categorías.
O lugar foi o circuíto da Cañada Real, que albergou paralelamente o 37 Cros Internacional de Valladolid onde participaron máis de 2.500 atletas.
A media mañá interveu Álex, o menor dos irmáns Sierpes, na categoría Sub18, facendo dobrete, levándose o título de vencedor da proba internacional e o ouro autonómico da categoría por equipos.
Xa ao medio día, Christian o maior dos Sierpes, interviría na categoría Sub20 sobre unha distancia de 6.500 metros, logrando facer un meritorio top 10, posto da xeral do Cros Internacional, axudando ao seu equipo para facerse co primeiro galardón por equipos que lles deu o título de Campións Autonómicos de Castela León, con estes resultados, quedan clasificados para o campionato de España de Clubs que se celebrará en novembro, o cal se albergará con sede xa posto, no Cros Internacional de Atapuerca 2025.
Dese xeito, Álex Sierpes Pereira, co seu triunfo no Cros XXXVII Internacional Ciudad de Valladolid, reinou na categoría Sub18 e a saga conquista por partida dobre os títulos de campións autonómicos de Castela León en xuvenís, e júnior masculinos.
Os Sierpes Pereira están orgulloso de pertencer a este gran equipo, xa que foi o gran protagonista da edición, porque obtivo grandes resultados tanto a nivel individual como por equipos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario