16 de xan. de 2025

TOMIÑO

AS CONCELLEIRAS DO PSdeG-PSOE DE TOMIÑO DENUNCIAN "Á DESFEITA EN GOIÁN"




Grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño

 Non damos crédito á desfeita que este Goberno municipal está a facer en Goián. Unha obra que eles mesmos recoñeceron en pleno que non tiñan pensado facer. Entón? A qué intereses responde este sin sentido?  

 Voltan a romper a avenida Ordóñez tan so despois de catro anos da “gran obra” de humanización e que está a carrexar moitos mais problemas que beneficios na arteria principal de Goián. Acometen as obras en pleno Nadal, dificultando a campaña do xa maltratado comercio e sin respectar o prazo de finalización. E minten, cando dicen que isto é unha petición das praceiras porque nos consta que non, ou escúdanse na accesibilidade cando a praza de abastos xa era accesible, accesibilidade que nos xera serías dúbidas en termos de seguridade das novas instalacións para o colectivo con dificultades de movilidade.  

 Para rematar, chégannos rumores ou non tan rumores, de que as obras encóntranse detidas pola denuncia de veciños. Outra mostra mais de estar a traballar de costas aos veciños, sen escoitalos e que nos parece mais propio de un réxime autoritario. 

 Deixen de mentir e de enganar á veciñanza, den respostas para aclarar a verdadeira razón ou interés  deste gasto inútil e innecesario que pagamos todos os tomiñeses e tomiñesas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario