13 de xan. de 2025

DEPORTES

 ATLETISMO

Sergio Silva Souto, proclámase campión galego infantil (Sub14 masculino) e Nadia Conejo Bascoy, subcampioa galega alevín (Sub12 feminino) 

 No campionato galego de Cros escolar


Nadia Conejo Bascoy con Sergio Silva Souto, logo de lograr súas respectivas medallas, no campionato escolar Xunta de Galicia, do programa Xogade

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 O parque da Seca, en Poio, reuniu aos mellores escolares para disputar o campionato escolar Xunta de Galicia, do programa Xogade, nas categorías alevín, infantil e cadetes, onde sobresaíron Sergio Silva Souto, na categoría Sub14, conseguindo a medalla de ouro e o título de campión galego escolar. Non foi menos destacado o subcampionato galego que conseguiu Nadia Conejo Bascoy, da categoría Sub12 feminina, sumando a segunda medalla á nosa entidade. 

 Dese xeito, o futuro da Sociedade Atlética do Trega, xa ten substitución, apunten os seus nomes: Sergio Silva Souto e Nadia Conejo Bascoy. 


Varios deportistas da Sociedade Atlética do Trega que participaron no evento

 Gran actuación e resultados tamén do resto de atletas, que estiveron a unha gran altura como Alan de la Fuente Maculewicz (Sub12 masculino) cun 4º posto, moi pretiño de conseguir o bronce; Alba Vasconcellos Rodríguez (Sub14 feminino), 6ª; Martín Rodríguez Castro (Sub12 masculino), 7º; e pechando as actuacións destacables, Julia Martínez Ozores (Sub12 feminino), 14ª; Marco de la Fuente Maculewicz (Sub14 masculino), 15º; Adela Vasconcellos Rodríguez (Sub12 feminino), 16ª; Hugo Rodríguez Gómez (Sub14 masculino), 17º; e Xoel Pérez Montero (Sub14 masculino) 54º. 

 O noso club dá por feito que os resultados alcanzados son de sobresaliente, debido a que case todos son novos promesas de primeiro ano na categoría. 

 Felicidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario