O ALCALDE DE A GUARDA AFIRMA QUE A OBRA "ARQUITECTURA", DE PEDRO DOBAO, FOI ENCARGADA POLA XUNTA DE GALICIA
• E deben ser eles quen reparen a mesma
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Logo da publicación, no día de onte, mércores 15 de xaneiro de 2025, neste xornal dixital transfronteirizo, da información relacionada co estado de deterioro da escultura titulada "Arquitectura", da autoría do artista Pedro Dobao Rodríguez; o alcalde do Concello de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, en decraracións a este cronista, dixo:
"O avogado do concello vaille enviar un escrito ao escultor, dado que a escultura foi encarregada pola Xunta, non polo concello. Está en dominio público da Xunta e deben ser eles quen reparen a mesma.
Ademais, segundo os técnicos, o material utilizado para a escultura non era o propicio para a zoa, de aí o deterioro. Non obstante, é cuestión do autor cos responsables da súa contratación, que en todo caso foi a administracion autonómica e non a municipal, segundo me trasladan os servizos xurídicos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario