16 de xan. de 2025

DEPORTES

FÚTBOL 

ÁNGEL ARCOS CADILLA, DE O ROSAL, COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-19

•  O dianteiro, que forma parte do Real Club Celta de Vigo Fortuna, xogou onte na Ciudad del Fútbol, de Las Rozas,  nun encontro amigable fronte a Selección de Italia


Ángel Arcos Cadilla, onte na Ciudad del Fúbtol de Las Rozas (Madrid), coa vestimenta da Selección Española de Fútbol
Foto: Cedida


Ricardo Rodríguez Vicente / O Rosal

 O deporte galego está colleitando boas novas, consecuencia do labor que desde á base veñen realizando desde fai anos, moitas entidades deportivas, impulsadas por persoas as que lles motiva o deporte. Iso, e o sacrificio da mocidade do noso país, xunto co apoio das súas respectivas familias e tamén dalgunhas entidades, fan posibles logros que parecían irrealizables.

 Unha das promesas canteirás, é Ángel Arcos Cadilla, de O Rosal, que onte xogou - desde o minuto 46 - coa Selección Española Sub-19, nun encontro amigable correspondente a Ronda Elite do Campionato de Europafronte a Selección de Italia, no Campo A, da Ciudad del Fútbol de Las Rozas, en Madrid, con vitoria do conxunto español por 1-0, logrado por Arturo Rodríguez, no minuto 91.
 
 Ángel Arcos Cadilla - coñecido como Angelito, no mundo deportivo - comezou súa andaina deportiva no club de fútbol U.D. Ribera, de O Rosal e actualmente está no Real Club Celta de Vigo Fortuna, onde xoga de dianteiro.

 É unha verdadeira satisfacción ver como a mocidade galega está achegando seu esforzo persoal para contribuir aos logros colectivos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario