5 de feb. de 2024

DEPORTES

 ATLETISMO

ÁLEX SIERPES PEREIRA, CAMPIÓN DE GALICIA 

 De 5.000 metros, categoría Sub18 homes


O atleta Álex Sierpes Pereira, coa súa medalla de ouro, xunto o seu adestrador Javier Sierpes Silva

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 O atleta Álex Sierpes Pereira, da Sociedade Atlética do Trega, vén de participar no Campionato Xunta de Galicia de Atletismo en pista ao Aire Libre -  Memorial Alejandro Gómez, celebrado nas pistas do Campo Municipal de Cervo (A Veiga), na Mariña luguesa.

 Álex Sierpes, que tomou á saída na proba de 5.000 metros, categoría Sub 18 masculina, fixo unha carreira moi táctica, onde rompeu o grupo de cabeza no último 400, entrando en meta cun discreto tempo de 15:25.15, saíndolle de media a 3´05"/km, logrando a medalla de ouro e por conseguinte, o título galego da devandita categoría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario