ATLETISMO
Mª DOLORES MARTÍNEZ VICENTE, CAMPIOA GALEGA MÁSTER 50
• Na proba de 10 km marcha en roteiro
Mª Dolores Martínez Vicente (Loli) coa súa medalla de ouro que a acredita como campioa de Galicia, na categoría máster 50 féminas, de 10 km en roteiro
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
Este domingo 4 de febreiro de 2024, celebrouse na Pobra do Caramiñal (A Coruña), a 35ª edición do Campionato Xunta de Galicia de marcha, disputado nun circuíto urbano (rúa Fernández Albor / peirao comercial).
A rosaleira María Dolores Martínez Vicente (Loli), da Sociedade Atlética do Trega, que competíu na proba de 10 km marcha en roteiro, na categoría máster 50 féminas, tivo unha actuación brillante, parando o crono en 73:12. Dese xeito logrou a medalla de ouro, que vale o campionato de Galicia, levando o nome do Rosal ao máis alto do podio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario