A Asociación Cultural e Deportiva “Xuntanza”, organiza unha Cea-Baile de Entroido
O sábado 10 de febreiro de 2024 ás 21:30 h, na Casa Cultural de Randufe
Miguel Ángel Martínez González* / Randufe
Benquerido/a socio/a
Dende a Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza queremos convidarte a participar connosco na Cea-Baile de Entroido, actividade que queremos retomar este ano porque consideramos que é unha oportunidade de compartirmos un momento de lecer.
• Lugar: Casa Cultural de Randufe. Cruceiro do Monte, 7
• Data e hora: Sábado 10 de febreiro de 2024 ás 21:30 h
• Prezo por persoa: 20 €
• Menú:
◦ 1º prato: Sopa
◦ 2º prato: Lacón con grelos
◦ Sobremesas: Orellas e filloas
◦ Por suposto, haberá: Pan, viño do país, auga, refrescos e café.
Ademais, manterémo-lo bar aberto con prezos populares.
A esta actividade poden asistir os socios e acompañantes. Cremos que é unha ocasión inmellorable para que as persoas que aínda non se asociaron poidan coñecer Xuntanza e facer grupo.
Toda persoa interesada en participar debe pórse en contacto coa directiva:
• Por WhatsApp no teléfono 646 646 500
• Por correo electrónico no enderezo acdxuntanza@gmail.com
A data límite para anotarse é o 02/02/2024. Unha vez feita a reserva, pasaremos a cobrar e a entrega-lo vale de participación que se presentará no día da cea.
* Presidente da Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza
Ningún comentario:
Publicar un comentario