24 de out. de 2023

VIGO

A Fundación Bretal presenta en MARCO Vigo o documental “Un Mosteiro, un fogar”  

 A través deste documental poderemos descubrir a etapa máis descoñecida do Mosteiro de Oia, os seus últimos 150 anos, contada polas familias que o habitaron, veciños que traballaron e historiadores que o estudaron

 O documental presentarase o sábado 28 de outubro na Galería A_3 do MARCO Vigo

  


 Infogauda / Vigo

 MARCO Vigo e o Mosteiro de Oia, unen esforzos para dar voz e compartir co público vigués a historia do único mosteiro cisterciense situado á beira do Océano Atlántico, a través desta peza documental, dirixida por Cristina de la Torre, e realizada e producida pola Fundación Bretal, responsable da dinamización cultural do Mosteiro. Un traballo de investigación e documentación para a recuperación da memoria histórica. 




 No documental coñeceremos a través dos testemuños de antigos propietarios, historiadores, amigos e veciños de Santa Maria de Oia, como un mosteiro medieval pode chegar a converterse en fogar, unha metamorfose de mosteiro a pazo. Tamén se comparten detalles das diferentes intervencións que se levaron a cabo pola actual propiedade, así como pinceladas do proxecto de futuro. 

 O documental presentarase o sábado 28 de outubro na Galería A_3 do MARCO Vigo, nun pase premier e por invitación ás 17:00, que contará ademais cun coloquio con Xoán Martínez, director do Mosteiro de Oia; Cristina de la Torre como directora do documental; e Santiago Pintos, do estudo de arquitectura Rodriguez+Pintos. 

 A continuación, haberá dúas proxeccións con carácter gratuíto, ata completar aforo: ás 18:30h e 19:15h baixo previa inscrición previa por temas de aforo en info@fundacionbretal.com ou por whatsapp en 605 692 480. 


O escultor Magín Xulio Picallo Durán traballou no Mosteiro de Oia
  

 No documental coñeceremos a través dos testemuños de antigos propietarios, historiadores, amigos e veciños de Santa Maria de Oia, como un mosteiro medieval pode chegar a converterse en fogar, unha metamorfose de mosteiro a pazo.  

 Tamén se comparten detalles das diferentes intervencións que se levaron a cabo pola actual propiedade, así como pinceladas do proxecto de futuro. 

 MARCO Vigo e o Mosteiro comparten unha historia, a de albergar presos entre os seus muros como cárcere e campo de concentración respectivamente. 

 A sala Galeria _A3, antiga cela, acollerá e ambientará á perfección o documental e a súa esencia, nas céntricas instalacións do Museo situadas na rúa do Principe número 54. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario