23 de out. de 2023

A GUARDA

A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRARÁ PLENO EXTRAORDINARIO

 O vindeiro xoves, día 26 de outubro, ás 8:30 horas, na Casa do Concello


Casa do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda 

 O alcalde do Concello de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, fixo pública no día de hoxe, a convocatoria dunha sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Municipal, para o vindeiro xoves día 26 de outubro, ás 8:30 horas, na Casa do Concello, no que serán tratados os seguintes asuntos: 

1.Expediente 2766/2023. TOMA POSESIÓN CONCELLEIRA LUCIA TRIGO GONZÁLEZ. 

2.Expediente 854/2023. DAR CONTA DO INFORME RESUMO CONTROL INTERNO 2022. 

3.Expediente 955/2023. Dar conta do informe anual de resolucións e acordos adoptados contrarios aos reparos formulados e resumo das principais anomalías detectadas en materia de ingresos. 

4.Expediente 862/2023. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN CONTA XERAL 2022. 

5.Expediente 2688/2023. PROPOSTA DE ALCALDÍA MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL IBI NATUREZA URBANA POR SUBIDA DE TIPO DE GRAVAME BENS NATUREZA URBANA DE 0,50% A 0,61%.

Ningún comentario:

Publicar un comentario