14 de ago. de 2023

A GUARDA

A SOCIEDADE FILATÉLICA E NUMISMÁTICA GUARDESA LEMBROU AO FILÁNTROPO GUARDÉS VICENTE SOBRINO E VICENTE

Con motivo da XXVII Exfimiño 2023, a S.F. e N.G. fixo entrega da Medalla de Ouro ao Mérito Filatélico da S.F. e N.G. a Marcelino Portela Lorenzo


De esq. á der., José Ángel Gándara, presidente da S.F. e N. G.; Joaquín Miguel Villa, historiador; Roberto José Álvarez Carrero, alcalde de A Guarda; Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro de Cultura; Enrique Pérez Martínez, presidente de FEGASOFI; Mª Mercedes  Martínez Vázquez, alcaldesa pedánea da Entidade Local Menor de Camposancos; e Marcelino Portela Lorenzo, vicepresidente da S.F e N.G.

Redacción /  A Guarda

 Pouco despois das 20:00 horas do venres 11 de agosto, na sede do Casino de A Guarda, procedeuse á inauguración da XXVII Exfimiño 2023, co patrocinio da Deputación de Pontevedra e e do Concello de A Guarda, e a colaboración da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI). 

 Presentou o acto José Ángel Gándara Rodríguez, presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F. e N.G.),  quen agradeceu a presenza dos asistentes, así como ao Concello de  Guarda, a Deputación de Pontevedra, e ao historiador guardés, Joaquín Miguel Villa Álvarez pola súa desinteresada colaboración ano tras ano; ao director de Correos da oficina de A Guarda, José Luis Franco Rodríguez; ao Casino de A Guarda por ceder a S.F. e N.G. durante estes días o salón para a mostra, á prensa, e aos expositores que unha vez máis aportan as súas coleccións para ser expostas e que sen elas ese evento seria imposible poder realizalo.  

 A continuación, tivo a palabra o concelleiro de Cultura do Concello de A Guarda, Celso Rodríguez Fariñas, quen destacou o importante labor da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, o seu dinamismo e os importantes resultados dos seus socios nas exposicións nacionais e internacionais. Lembro que, a pesar de levar pouco tempo no cargo de concelleiro, sempre estivo disposto a colaborar con esta sociedade facilitando o seu labor.  

 Seguiu Enrique Pérez Martínez, presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), salientando a importancia da filatelia na cultura e o destacado labor da S.F. e N.G. na filatelia galega, como tamén a nivel estatal. 

 Finalizou o turno de intervencións, o alcalde de A Guarda, quen ao mesmo tempo representa á Deputación de Pontevedra, como deputado provincial do Baixo Miño, agradecendo aos organizadores polo extenso labor desenvolvido na cultura a través da filatelia e o seu dinamismo, animando ao mesmo tempo a celebrar unha exposición a nivel rexional e brindando todo o seu apoio. 

 Finalizada a presentación, o historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez deu a coñecer a vida, labor comercial e benéfica do ilustre guardés Vicente Sobrino e Vicente - que este ano se cumpre o 140 aniversario do seu falecemento -, ao cal esta dedicada este ano a exposición e cuño conmemorativo concedido por Correos que estará estes días funcionando na oficina de Correos de A Guarda. 

 Antes da posta en circulación do cuño postal e selo dedicado ao homenaxeado, Almudena Taboada Lago, secretaria da S.F. e N.G., efectuou unha reseña biográfica de Marcelino Portela Lorenzo, indicando como foron seus comenzos na filatelia. 

 E a continuación, o presidente da S.F. e N.G. fixo entrega da Medalla de Ouro ao Mérito Filatélico da S.F. e N.G. a Marcelino Portela Lorenzo, polo seu intenso labor desde o ano 1974 no fomento da filatelia como a atención cos socios da S.F. e N.G., coa distribución do material filatélico e numismático dos seus socios.  


O presidente da S.F. e N. G., José Ángel. Gándara Rodríguez facéndolle entrega da medalla ao vicepresidente, Marcelino Portela Lorenzo.

O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero matasellando xunto a Enrique Pérez Martínez, presidente de FEGASOFI; José Luis Franco Rodríguez, director da oficina de Correos da Guarda; José Ángel Gándara Rodríguez e Celso Rodríguez Fariñas.
Mª Mercedes Martínez Vázquez, alcaldesa pedánea da Entidade Local Menor de Camposancos, matasellando


 Para finalizar o acto, as autoridades presentes fixeron a presentación do cuño e do selo conmemorativos, como paso previo a unha visita a exposición filatélica e de coleccionismo XXVII Exfimiño 2023.

Ningún comentario:

Publicar un comentario