24 de xul. de 2023

A GUARDA

CASTELO DE SANTA CRUZ? 

NON, FORTALEZA DE SANTA CRUZ


Vista aérea da Fortaleza de Santa Cruz, na vila de A Guarda
Foto: Turismo de Galicia


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 ¿Donde está el Castillo de Santa Cruz?, preguntáronlle fai uns días a este cronista, unha parella de visitantes procedentes de Catalunya. Obviamente, en primer lugar lles informamos que a denominación correcta non é Castillo de Santa Cruz, senón Fortaleza de Santa Cruz. Os amables visitantes, amosáronnos un exemplar do "Mapa turístico", que lles entregaran na Oficina de  Turísmo de A Guarda, no cal figura: 

CASTILLO STA. CRUZ

Centro de interpretación de las fortalezas (sic).

 No decurso da conversa, lles comentamos o contexto - e a época - no que foi construída esa fortaleza, así como lles informamos sobre algúns pormenores constructivos, tanto en obra de cantería como en terrón; nomes das portas de acceso (Porta da Vila e Porta de Socorro) e dos baluartes  (da Cruz; de San Sebastián, de Santa Trega e da Guía); dotación militar que tivo; como chegou á ser de propiedade particular; actividades industriais que alí se exerceron; nomes e apelidos, etc., de membros da última familia propietaria; cesión ao Concello de A Guarda, detalles sobre o patrimonio arbóreo desa fortaleza, etc.

 Como queira que nos atopamos cos visitantes á altura do número 64 da rúa Puerto Rico, lles comentamos que xa habían pasado por diante do acceso á Porta da Vila, ainda que tiñan a poucos metros, o camiño en dirección a Porta de Socorro. Logo de indicarlles por onde tiñan que ir, a continuación despedímonos, agradecéndolles súa visita a nosa vila.


Sinal informativa colocada nun paramento lateral dun inmoble particular sito na rúa Puerto Rico
Foto: Infogauda

 Continuando noso camiñar, achegámonos ao camiño que conduce á Porta da Vila, e comprobamos que na intersección coa rúa Puerto Rico, tan soio existe un rótulo - cuxa imaxe reproducimos - fixado nun lateral dun inmoble de propiedade privada, que indica:

 Castelo de Santa Cruz

 Como queira que nese momento baixaban en sendas motocicletas dous axentes da Policía Local, diríximonos ao que tiñamos máis preto, comentándolle o que nos había acontecido facía uns minutos. De xeito resumido, obviamente. Sen entrar en detalles, dixémoslle que no báculo de alumeado público situado preto do camiño de acceso a Porta da Vila, deberíase colocar un rótulo indicativo, informando aos visitantes da existencia dese acceso á fortaleza. Tamén lle dixemos que, por favor, lle informara ao respecto á primeira autoridade municipal.

 No día de hoxe, ese mesmo axente da Policía Local, estando fora de servizo, e sen preguntarlle nada sobre o particular, comentounos motu propio que no mesmo día en que llo indicáramos, xa trasladara ao alcalde a nosa suxestión.

 Disto isto, propoñemos que todos os rótulos (informativos, orientativos,...) e publicacións relacionados/as con ese recinto e/ou espazo público se indique da forma correcta: Fortaleza de Santa Cruz.


Cartel exposto durante ás obras de construcción do Centro de Interpretación das Fortalezas do Baixo Miño
Foto: Infogauda
O Centro de interpretación das Fortalezas do Baixo Miño está pechado ao público
Foto: Infogauda


 Por outra parte, tendo en conta que ademáis desa fortaleza, existe no interior desa estructura un Centro de interpretación das Fortalezas do Baixo Miño, se dote de persoal para que os visitantes poidan acceder ao contido dos paneis informativos que no seu día foron elaborados baixo a dirección da arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea (Vigo, 1973), licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela en 1996, e doutora en Arqueoloxía pola Universidade do País Vasco en 2015; e  experta neste tipo de fortificacións transfronteirizas.

 A día de hoxe - e desde fai bastante tempo -, o devandito Centro de interpretación das fortalezas do Baixo Miño está pechado ao público. como así o puidemos comprobar in situ; na Oficina de Turismo de A Guarda; e na páxina web de Turismo A Guarda.

 Desde fai anos, posto que non é de agora, coidamos que hai labor por realizar, para subsanar, sen demora, todo o que sexa necesario, e poñer - de verdade - en valor a Fortaleza de Santa Cruz (decrarada Ben de Interese Cultura en 1995), e que veciños e visitantes poidan desfrutar culturalmente dese patrimonio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario