Clases de gancho na Sociedade Os Amigos de Camposancos
Os martes de 16:30 a 18:30 horas
Infogauda / Camposancos
A asociación Studio 88 organiza unhas clases de gancho, que se realizarán os martes de 16:30 a 18:30 horas, na Sociedade Os Amigos de Camposancos.
As persoas que desexen incribirse ou recibir información respecto as devanditas clases, teñen a súa disposición o seguinte teléfono/ WhatsApp: 606 54 06 73.
Estas clases nacen da iniciativa de poder de ensinar labores e achegar á artesanía a unha xeración máis actual.
Son unhas clases onde as persoas participantes vivan de preto súa integración na sociedade, para que tanto mulleres como homes non se pechen aos estereotipos, poidan crear, e desenvolver a arte do gancho, e dese xeito confeccionar cortinas, tapetes, pezas, calcetíns, bixutería, adornos, gorros, amigurumis - verba de orixe xaponés, que define a técnica para facer obxectos tridimensionais con gancho -, etc.
Outro dos obxectivos e que persoas de distintas xeracións poidan compartir unha tarde de entretemento e lecer. Cada vez o gancho gaña mais adeptos, e leva tamén ao campo de moda, creando tendencias con este labor antigo, dándolle xa unha visión máis actual.
E ademais, promovendo a necesidade de que as persoas teñan mais mobilidade e deixen de lado o sedentarismo e relaciónense.
Ningún comentario:
Publicar un comentario