16 de set. de 2024

A GUARDA

A V Mostra Asociativa reuniu a moitas das asociacións guardesas 


O alcalde e o tenente do Concello de A Guarda con varias persoas voluntarias dunha das entidades participantes na V Mostra Asociactiva
Fotos: C.A.G.

  

Infogauda / A Guarda 

 Durante a tarde do sábado día 14 deste mes, celebrouse na praza Avelino Vicente a V Mostra Asociativa. 

 Entidades asociacións de diversos tipos: culturais, deportivas, solidarias,..., mostraron parte do seu labor e tamén realizaron in situ algunhas das súas actividades, que o respectable público valorou moi positivamente.

 Ademais, a Oficina Minicipal de Información Xuvenil (OMIX) de A Guarda organizou un xogo de escape que levou aos participantes a coñecer os diferentes postos e leváronse unha bolsa como agasallo.  


Compoñentes do grupo de pandeireteiras da Asociación Folclórica Vento Mareiro
Bieito Solo 

 Para rematar, compoñente da Asociación Folclórica Vento Mareiro cantaron e bailaron temas tradicionais galegos. 

 E para pechar esta edición da mostra asociativa, o músico e cantautor Bieito Solo, ofreceu un concerto.  

 Dende o Concello de A Guarda expresan seu agradecemento a todas as asociacións que participaron: Acougo; Asociación Folclórica Vento Mareiro; Asociación Cultural Alfombras da Guarda; Asociación Recuperación Traxe Galego da Guarda; Asociación San Xerome; Avelaíña; A Guarda Hockey Liña; Sociedad San Vicente de Paúl; Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM); Asociación A Guía; Asociación Érguete Baixo Miño; Club Baixo Miño Basket; Club de Remo Robaleira; Cruz Vermella; Fibromiño; Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S. F. e N.G.); e Transmiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario