24 de xul. de 2023

BAIONA

"DÚAS MIRADAS Á ARTE", EXPOSICIÓN DE PINTURAS DE CAÍNO VASCONCELLOS E CARLOS PADÍN

Que poderá visitarse desde este mes e tamén en agosto, no Liceo Marítimo de Baiona, con entrada libre





Ricardo Rodríguez Vicente / Baiona

 O luminoso salón principal do Liceo Marítimo de Baiona - rúa Laureano Salgado, 23 -, que neste mes de xullo vén de cumplir seu 150 aniversario, acolle unha exposición pictórica - "Dúas miradas á arte" - de Caíno Vasconcellos e Carlos Padín, que poderá visitarse tamén ao longo do mes de agosto, con entrada libre.

 Tanto Caíno Vasconcellos como Carlos Padín presentan uns cadros onde ás cores, as figuras humanas (maternidades, nenos, vellos mariñeiros,...) as paisaxes,..., son as protagonistas principais.  

 Caíno e Padín amosan unha escolma das súas respectivas produccións artísticas, que ben merecen que visitemos esa mostra das súas respectivas angueiras creativas, na certeza de que súa contemplación devagar vai resultar unha experiencia moi gratficante.

 Cando falamos de Caíno e de Padín, estamos referíndonos a dous pintores de longa andaina, cuns extensos currículos. Dese xeito, cada un no seu particular estilo, reflicten nas súas obras toda á beleza física da contorna e de xeito especial aqueles lugares cuxa fermosura é todo un agasallo para gozar no tempo de lecer. 

 Ambos os dous pintores, que viviron as respectivas emocións do proceso creativo, bríndannos agora os froitos do seu labor para que poidamos levar as nosas retinas dúas miradas á arte. Dous xeitos de pintar e reinterpretar. Iso permítenos, se así o decidimos, ter sempre preto de nós, eses lugares evocadores que nos motivan moi especialmente, onde o mar e a luz, atlánticos, irrepetibles e sempre dinámicos, están presentes como inigualable e natural pano de fondo.

 "Dúas miradas á arte" é toda unha invitación para mirar - e ollar - a vila e as xentes de Baiona desde unha perspectiva totalmente belida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario