15 de set. de 2024

A GUARDA

A ASOCIACIÓN NATURALISTA "BAIXO MIÑO" (ANABAM) PUBLICOU O BOLETÍN "CARRIZAL", Nº 21 - ÉPOCA II 


Portada do Carrizal nº 21 - Época II

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Como xa indicamos con anterioridade, a Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), publicou os boletíns "Carrizal", correspondentes aos seis bimestres de 2023 e o primeiro bimestre de 2024. 

 Dado que xa publicamos sendas recensións dos números 17, 18, 19 e 20 do "Carrizal" - Época II, hoxe imos referirnos ao contido do nº 21, correspondente a setembro/outubro de 2023, que na súa portada leva a fotografía - da autoría do fotógrafo naturalista Luis Dorado Senra, de Fornelos (O Rosal) -, dun exemplar de Hyles euphorbiae - que é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Sphingidae. Trátase dunha especie propia da rexión mediterránea. E ainda que nesa área xeográfica son sedentarias, cada ano migran cara ao norte cruzando os Alpes. Na península ibérica atópase desde o nivel do mar ata os 2.000 metros sobre o nivel do mar. En España é un dos esfínxidos máis comúns, aínda que xa foi máis abundante que actualmente. 

 Nas páxinas interiores, ademais de figurar a composición da xunta directiva de ANABAM; datos de contacto coa asociación; importes das cotas de socios/as, etc., vemos os seguintes traballos: 

 Estudo da nidificación da píllaras das dunas (Charadrius alexandrinus), na costa nporte portuguesa, por  Laura Díaz Lago e Julia González Escriche.

• Estudo da diversidade de odonatos no Baixo Miño, por Raquel Alonso Rodríguez e Javier Nieto Iglesias.

• Cousas de ANABAM:

- ANABAM no I Simposio da Serra da Groba. 

- Biólogo para o Projeto Borrelho.

- Xornada de divulgación do "Projeto Borrelho" en Caminha.

- Charla en Esposende sobre o "Projeto Borrelho".

- Inauguración Casa Forestal da Comunidade de Montes de Oia.

- ANABAM ofreceu súa colaboración á corporación guardesa.

- Visita guiada a igrexa parroquial da Guarda.

- ANABAM denuncia a retirada ilegal de pitos de gaivota.

- Anelamento de borrelhos.

- Proxecto de reintroducción de Eurynebria complanata.

- Reunión coa concelleira de M. A. e Biodiversidade.

- Actividades desenvolvidas.

Apuntes da nosa historia.

 Certame de Fotografía Ecolóxica "Esteiro do Miño". 

 Tamén figura un resumo das actividades previstas para setembro/outubro 2023. 

 Como se indica nesta interesante publicación, impresa en papel reciclado, e que os socios de ANABAM reciben de balde; este número do boletín "Carrizal" está parcialmente subvencionado polo Concello de A Guarda.

 En vindeiras datas iremos informando doutros números do Carrizal publicados por ANABAM.

Ningún comentario:

Publicar un comentario