15 de set. de 2024

TUI

O GRUPO MUNICIPAL DO BNG NO CONCELLO DE TUI APOSTA POLO INCREMENTO DE OFERTA DE VIVENDA PROTEXIDA

 Priorizando o concepto de alugueiro social


Membros do grupo municipal do BNG no Concello de Tui
Foto: Cedida


Grupo municipal do BNG / Tui

 O grupo municipal do BNG de Tui informa, que no pasado pleno do mes de agosto, levamos ao mesmo una moción instando a corporación a que iniciase os trámites para pór a disposición da Xunta de Galiza, o terreo de propiedade municipal situado na rúa Compostela, cunha superficie de solar de 200,6 m2. Co fin de que esta, o utilizase para edificar vivendas adicadas a alugueiro social.  

 A moción foi aprobada cos votos a favor do PSOE e o BNG, emitindo tanto o PP como CXXI votos en contra da citada medida.  

 Os prezos desorbitados non son só un problema das grandes cidades, se non tamén do noso concello. onde o prezo medio do alugueiro leva anos medrando, facendo que cada día sexa mais complicado acceder a una vivenda.   

 Por iso non entendemos que o Partido Popular vote en contra dunha mellora para a sociedade tudense, cando en repetidas ocasión din que a súa política esta centrada en Tui e so en Tui. Pois parece que agora, pesa mais a política e as ordes do PP na Xunta.  

 O Partido Popular vende a Área REXURBE que foi aprobada en xaneiro de 2024, 3 anos despois da súa primeira declaración, como solución, pero a realidade é que nos últimos 4 anos, o avance na execución do aprobado foi moi pequeno.  

 Esperemos que os anuncios das últimas semanas sobre a licitación para a rehabilitación dun edificio do plan REXURBE na Canicouva, que agora, xusto despois de que presentásemos a nosa moción, venden como alugueiro social.  

 Alegrámonos, e esperemos que as obras arranquen o antes posible, pero de todas formas, vemos que 3 vivendas son insuficientes ante a situación actual.  

 Por todo isto, dende o BNG apostamos por dotar a vila dese incremento tan necesario de oferta de vivenda protexida, priorizando o concepto de alugueiro social.  

 Desexamos que agora, a nosa petición, sexa atendida dende a Xunta de Galicia, e de non ser así, seguiremos solicitando una e outra vez algo tan necesario para a localidade,

Ningún comentario:

Publicar un comentario