14 de set. de 2024

GONDOMAR

 FALADOIROS DO IEM

As comunidades de montes, creadoras de ecosistemas e favorecedoras da biodiversidades. Exemplos na nosa bisbarra

Os días 19 e 26 de setembro, ás 20:00 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida Feira, 10 - baixo - Gondomar)




Infogauda / Gondomar

 O Instituto de Estudos Miñoranos, que entre outras actividades, organiza os Faladoiros do IEM, convida á cidadanía a asistir os xoves, días 19 e 26 de setembro, ás 20:00 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas - Avenida da Feira, nº 10 - baixo - Gondomar), aos faladoiros As comunidades de montes, creadoras de ecosistemas e favorecedoras da biodiversidades. Exemplos na nosa bisbarra.

 O xoves 19, intervirán:

 Xosé Antonio Araúxo Rodríguez, membro da Comunidade de Montes de Couso; e José Fernando Martínez Martínez, membro da Comunidade de Montes de Camposancos.

 Serán presentados por Pura González, profesora de Ciencias Naturais.

 O xoves, 26, intervirán:

 Afonso Rodríguez González, membro dra Comunidade de Montes de Coruxo; e Xosé Manuel Sendín Rodríguez, membro da Comunidade de Montes de Paraños. 

 A presentación tamén estará a cargo de Pura González, profesora de Ciencias Naturais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario