26 de xul. de 2023

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O INCENDIO DE ONTE NO MONTE SANTA TREGA

Foi extinguido rápidamente, grazas a intervención do equipo de bombeiros da Xunta de Galicia


O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, xunto aos efectivos despregados na zona do incendio producido na tarde de onte no monte Santa Trega
Fotos: C.MM.VV.M.C. de Camposancos


Infogauda / Camposancos

 Ás 23:48 h. de onte, martes 25 de xullo de 2023, José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, puxóse en contacto coa Redacción de Infogauda, para comunicar o seguinte:

 Esta tarde, sen que por agora se poida precisar cómo, produciuse un incendio no monte Trega, concretamente na parte baixa da pista perimetral, na zoa do miradoiro de Rego Bicosan en sentido descendente polo Camiño do Carro cara o miradouro do Outeiro do Lobo. O equipo de bombeiros da Xunta de Galicia o mando do axente Antonio Pimentel con 6 brigadas, 3 motobombas, 2 helicópteros con dez retens cada un, conseguiron, a pesar do vento que sopraba, dominalo con celeridade, conquerindo que tan sólo se queimaran 2.000 metros cadrados de matogueira.

 Ata o lugar tamén se acercou o alcalde [Roberto José Álvarez Carrero], dous efectivos da Guarda Civil e directivos da Comunidade de Montes de Camposancos. 

 Gran actuación dos bombeiros. Mil grazas, sodes uns fenómenos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario