Stop Accidentes pide un teléfono único para as víctimas
• Con 78 vítimas mortais en Galicia o pasado ano, 8 máis que en 2020, a siniestralidade nas estradas continúa a ser a pandemia de entre séculos
Fotos: Antonio José Uris Alonso
Infogauda / Vigo / Cangas
Con 78 vítimas mortais en Galicia o pasado ano, 8 máis que en 2020, a siniestralidade nas estradas continúa a ser a pandemia de entre séculos, da cal ainda non temos vacinas. “Pensabamos que iamos ser mellores, que seriamos máis solidarios, pero saíuse á estrada con máis adrenalina, por desgraza”, lamentouse Jeanne Picard Mahaut, delegada en Galicia da asociación STOP Accidentes.
Picard asistiu o domingo en Vigo á ofrenda anual ás vítimas dos accidentes de tráfico, que cada 20 de novembro ten lugar nesta cidade ante o monumento na súa memoria, situado no coñecido como “balcón de Aragón”. O acto contou nesta ocasión coa presenza do alcalde, Abel Caballero, e do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, ademais dunha representación da Policía Local e do colectivo de ciclistas. A delegada de STOP Accidentes Galicia reclamou a posta en marcha dun teléfono de atención único para as vítimas de todas as violencias, incluída a 'violencia viaria', a que se produce nas estradas. “Necesitamos unha atención integral. Que as vítimas e as súas familias teñan un número ao que chamar e recibir algún tipo de asesoramento. En moitas ocasións non saben onde acudir e están desesperadas e angustiadas”. Picard agradeceu o apoio das Administracións e lembrou que a seguridade viaria “é unha responsabilidade de todos”. “Aínda falta moita conciencia a nivel social”, engadiu. “Non hai sensación de risco, cóllese o coche con alcol e drogas", concluíu.
Tralo acto na cidade olívica, unha representación de víctimas trasladouse ata a vila de Cangas, onde tivo lugar outra ofrenda floral en memoria das persoas que perderon súas vidas en sinistros de violencia vial, para dalgún xeito combater a indeferenza e o esquecemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario