Francisco Álvarez, Koki, presenta a súa última obra
Na biblioteca municipal do Rosal, este venres día 16 de setembro, ás 20.00 horas, con entrada de balde
Infogauda / O Rosal
A literatura tamén ten un oco importante na axenda cultural rosaleira. Este venres 16 de setembro, na biblioteca municipal do Rosal, ás 20:00 horas, o escritor guardés Francisco Álvarez, Koki, presentará a súa última obra, ‘Aldea Buxán’, un libro singular escrito por un emigrante que recorda o eido orixinario e a el retorna coa memoria cada pouco.
Cunha
morea de libros ás súas costas, o autor é capaz de transportar ao público
lector a esa lingua rica en matices, coloquial, verdadeira, que flúe coa
sinxeleza dun regueiro dos montes galegos. Álvarez, escritor e animador
cultural, residiu durante moitos anos en New York, onde fundou o colectivo
Celso Emilio Ferreiro para espallar a cultura galega. Xunto a ‘Aldea Buxán’ ten
publicado numerosas obras en galego, como o poemario ‘A memoria das palabras’, o libro de relatos curtos ‘Ratas en Manhattan’ e os libros para lectores infantís ‘Un neno na emigración’ e
‘Vasoiras Barreiro’. Tamén ten obra publicada en castelán e participa
habitualmente en libros colectivos sobre a relación dos e das autoras españolas
cos Estados Unidos.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, anima a toda a veciñanza a desfrutar desta nova proposta cultural e a mergullarse no mundo literario deste escritor nado comarca. A entrada será de balde con entrada libre ata completar aforo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario