A Guarda súmase ao Día Mundial do Alzheimer
• A fachada da casa do concello permanecerá iluminada de cor verde en sinal de apoio aos enfermos e aos familiares de pacientes afectados por esta doenza.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda súmase este ano, unha vez máis, á chamada realizada dende a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheímer e outras demencias de Galicia (AFAGA), para que as entidades locais apoien de xeito solidario ao Día Mundial do Alzheimer.
Deste xeito o día 21 de setembro, e coincidindo co Día Mundial do Alzheimer, o Concello de A Guarda participa iluminando de cor verde a fachada da Casa dos Alonso, en apoio e solidariedade coas persoas afectadas por esta doenza.
Desde o concello guardés lembran que "o Alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa caracterizada clínicamente polo deterioro progresivo de múltiples funcións cognitivas e neuropatolóxicamente pola presenza de madeixas neurofibrilares e placas senís hipocampo-neocorticales. É a causa máis frecuente de todas as demencias."
Ningún comentario:
Publicar un comentario