12 de maio de 2020

COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA

O AECT MINHO CONSIGUE O COMPROMISO DO DELEGADO DO GOBERNO DE INTERCEDER ANTE OS MINISTERIOS DE SANIDADE E INTERIOR PARA ABRIR MÁIS PASOS NA FRONTEIRA DO MIÑO  

· O director da agrupación europea, Uxío Benítez, manifestou a súa satisfacción pola “dilixencia” de Javier Losada e criticou que Feijóo aínda non teña contestado á solicitude de reunión urxente  

· O nacionalista afirma que solucionar a problemática “é clave para Galiza” xa que nos concellos da ribeira do Miño “viven 150.000 cidadáns e cidadás europeos e na área de influencia 400.000”

Nese encontro, ademais de Benítez estivo presente o vicedirector do AECT Rio Minho e presidente da câmara municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Brito Nogueira, así como o secretario xeral da Delegación do Goberno en Galicia
Fotos: D.PO.


Infogauda / O Baixo Miño  

 O director do AECT Rio Minho e deputado provincial de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez Fernández, manifestou a súa “satisfacción” trala reunión co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, a quen trasladou a petición da apertura de máis pasos na fronteira de Portugal para aliviar a situación de milleiros de traballadores e traballadoras que só poden cruzar a ‘raia’ polo paso de Tui-Valença do Minho e realizan rodeos de ata 100 quilómetros. O delegado comprometeuse a interceder para solucionar a problemática, dixo Benítez, e agora é necesario ver como se resolven os trámites.
  

Javier Losada, delegado do Goberno central en Galicia, no decurso do encontro celebrado no día de hoxe


 No encontro telemático, Javier Losada afirmou que remitirá no día de hoxe un informe ao Ministerio de Sanidade -que capitanea o mando único no Goberno central durante a crise da pandemia-, e tamén ao Ministerio de Interior -responsable do control das fronteiras-. Nese documento, solicitarase ao Executivo madrileño que abra novas vías de conexión co país veciño e que teña en conta a problemática e particularidade da fronteira do Miño, a máis poboada e dinámica entre España e Portugal. Nese sentido, o deputado Benítez destacou que só os concellos da ribeira teñen máis de 150.000 habitantes, ampliándose ata 400.000 na área de influencia, “cidadáns europeos que viven na mesma fronteira do río e que teñen o problema de que teñen pechados os pasos fronteirizos”, lembrou.   

 Nese encontro, ademais de Benítez estivo presente o vicedirector do AECT Rio Minho e presidente da câmara municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Brito Nogueira, así como o secretario xeral da Delegación do Goberno en Galicia. O AECT comprometeuse a enviar toda a información da que dispón para xustificar a súa solicitude, principalmente o avance do estudo realizado pola Universidade de Vigo sobre o impacto socioeconómico do peche da fronteira, e un dossier sobre as casuísticas singulares que viven traballadores e traballadoras da zona. Esta documentación sumarase á xa remitida a finais de abril, coa declaración de todas as alcaldesas e alcaldes do territorio transfronteirizo, que xa entón solicitaban a apertura da fronteira e a coordinación entre os gobernos centrais de Madrid e Lisboa.  

 Así mesmo, o AECT trasladará tamén á Delegación do Goberno todos os pasos que vaia dando o Goberno portugués co fin de chegar a unha solución consensuada e coordinada. Nestes momentos, segundo Losada manifestou á directiva do agrupamento transfronteirizo que aínda non hai ningunha data oficial marcada para a reapertura xeral da fronteira. 

O director do AECT Rio Minho e deputado provincial de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez Fernández, no encontro telemático de hoxe


 Tras finalizar o encontro, Benítez manifestou a súa satisfacción pola rapidez coa que o delegado “nos deu a cita, a atención que nos prestou, e a dilixencia coa que vai remitir o informe”. Pola contra, foi crítico co presidente da Xunta, tamén presidente da Comunidade de Traballo Galiza e Norte de Portugal, ao que se lle fixo tamén o pasado sábado unha solicitude de reunión dende o AECT: “Non entendemos que non teña contestado á solicitude de reunión urxente, porque entendemos que esta problemática é clave para Galiza”, subliñou Benítez.  

 A Universidade de Vigo, hai que lembrar, realizou un estudo sobre o impacto económico do peche da fronteira pola COVID-19 a instancias do AECT e da Deputación de Pontevedra no que se indica que o territorio do Miño está a sufrir un doble impacto económico: polo parón na actividade xeral con motivo da pandemia e pola súa situación como fronteira. Entre outras cousas, dado que nestes momentos só está habilitado un só paso entre ambos países, traballadoras e traballadores teñen que dar rodeos de ata 100 quilómetros para acudir aos seus postos, algo que economicamente fai que nalgúns casos nin sequera sexa rendible.

A GUARDA

O Concello colabora coa Asociación Parkinson Baixo Miño



Infogauda / A Guarda

 O departamento de Servizos Sociais do Concello de A Guarda, en colaboración coa Asociación de Parkinson do Baixo Miño, está poñendo a disposición da poboación en xeral, uns cuadernos de actividades para a estimulación cognitiva e reforzar a memoria.

 Teñen unha periodicidade semanal e as persoas interesadas poderán descargar os cuadernos semanalmente a través da publicación da Asociación Parkinson Baixo Miño en Facebook (https://www.facebook.com/Asociaci%C3%B3n-Parkinson-BAIXO-MI%C3%91O-1018806551523890/)


 Asemade, aquelas persoas que o desexen, poden recibilos nos seus domicilios previo contacto e solicitude cos Servizos Sociais do Concello de A Guarda no 986 61 45 07 ou coa Asociación Parkinson Baixo Miño nos teléfonos 627 438 882 / 690 006 266.

O ROSAL

Aberto o prazo de solicitude de praza no CRA María Zambrano e no CPI Manuel Suárez Marquier  

· Na Escola Infantil A Galiña Azul do Rosal está prevista a apertura do procedemento a partir do vindeiro 18 de maio  


CRA María Zambrano
Fotos: C.O.R.


Infogauda / O Rosal

 O Goberno Municipal do Concello do Rosal, vén de facer público un comunicado no que informa: "Coincidindo coa Fase 1 da desescalada, os centros de ensino do Rosal comezan a reanudar os procesos de solicitude de novas prazas para nenos e nenas que entren en 3 anos ou do resto de cursos de infantil, primaria e secundaria que queiran cambiar de centro educativo. Así, o CRA María Zambrano e o CPI Manuel Suárez Marquier teñen xa aberto ata o luns 18 de maio o prazo de solicitude de admisión de alumnado novo nos centros, mentres que a escola infantil Galiña Azul prevé iniciar a apertura do procedemento aínda a vindeira semana. 

 O alumnado que xa está matriculado en calquera destes centros non necesita facer solicitude, xa que a renovación da matrícula é automática.  

CRA María Zambrano 

 Os pais e nais interesados en solicitar praza no CRA María Zambrano poden achegarse á sede do centro en Pías para presentar a documentación ata o vindeiro luns 18 de 10:00 a 13:00 horas sen cita previa. O documento de solicitude de praza pode descargarse no apartado de ‘Matriculación’ da páxina web do centro, onde tamén aparecen as modalidades de presentación e a documentación que se debe de achegar.  

 A lista provisional de admitidos publicarase antes do día 26 de maio e as listas definitivas antes do 26 de xuño. As publicacións estarán no taboleiro da sede do CRA. 

CPI Manuel Suárez Marquier 

 O prazo de solicitude de admisión de alumnado novo no CPI será tamén do 11 ao 18 de maio pero, para evitar aglomeracións, os pais e nais deben acudir ao centro con cita previa. Para solicitala deben chamar ao 886 12 03 85. 

CPI Manuel Suárez Marquier


 O centro ten na súa páxina web o impreso de solicitude, así como toda a información necesaria para solicitar a praza de tres formas distintas: cubrindo a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro, cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica ou cubrir a solicitude de xeito manual e presentala de forma presencial no centro.    

 Dende o centro pregan a todas as persoas que acudan a presentar as solicitudes que empreguen mascarilla e que respecten as distancias mínimas se hai cola. Ademais, recomendan que só vaia unha persoa a facer o trámite e que non vaian nenos e nenas. 

Escola infantil A Galiña Azul 

Escola Infantil A Galiña Azul do Rosal


 Pola súa banda, a escola infantil A Galiña Azul ten prevista a apertura do procedemento de adxudicación de prazas para o vindeiro curso 2020/21 a partires do vindeiro luns 18 de maio. Abriranse as instalacións da escola para que as persoas interesadas en solicitar praza poidan realizar os trámites administrativos e entregar toda a documentación. Será por cita previa e fomentarase a presentación de solicitudes por vía telemática".

O ROSAL

A Biblioteca Pública reabre as súas portas para o préstamo de libros  

· Non estará aínda permitido o estudo en sala nin o uso de ordenadores   

Porta de acceso a Biblioteca Municipal do Concello do Rosal
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Goberno local do Concello do Rosal vén de facer público que a Biblioteca Pública reabre este mércores 13 de maio as súas portas para o préstamo de libros. Por iso, e dada á situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir, o executivo municipal que preside á alcaldesa Ánxela Fernández tamén dá a coñecer as normas que nesta Fase 1, da transición cara a chamada nova normalidade, compre ter en conta, e dese xeito contribuir a coidar a saúde da cidadanía.

 Para comezar indícase que coa reapertura da Biblioteca Pública do Rosal, os usuarios e usuarias poderán así devolver os exemplares collidos no mes de febreiro e marzo e levar de novo á súa casa un máximo de 2 libros por persoa, dado que as medidas de reapertura marcadas polas autoridades sanitarias obrigan a poñer en corentena un mínimo de 14 días todos os exemplares devoltos polo público. O horario de apertura será o habitual ata o de agora: luns de 15:30 a 20:30 horas e de martes a venres de 16:00 a 20:30 horas. 

 Todas as persoas interesadas en facer uso da Biblioteca Pública do Rosal terán que cumprir os protocolos de precaución establecidos. Habilitarase soamente unha entrada, que será pola porta lateral, e non se poderá buscar entre os libros que haxa nos estantes nin tocar nada. Os usuarios e usuarias deberán pedir título concreto ou xénero ao persoal da Biblioteca. Na plataforma da biblioteca poderán consultarse a dispoñibilidade dos distintos títulos. 

 Nesta fase de reapertura non estará permitido o préstamo interbibliotecario, así como tampouco o estudo en sala nin o uso de ordenadores, e as coleccións de libre acceso permanecerán pechadas ao público. Ademais, todos os menores de 11 anos deberán ir acompañados sempre dunha persoa adulta.  

 Será obrigatoria a desinfección das mans á entrada das instalacións co xel hidroalcohólico que se porá a disposición dos usuarios e usuarias na porta e respectar as distancias mínimas de seguridade. Ademais, recoméndase o uso de máscara e extremar todas as medidas de prevención durante a posible espera ou a entrada nas instalacións.

TOMIÑO

Até o día 18 de maio poderá matricularse o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria nos centros educativos de Tomiño  

· A medida afecta sóa nenos e nenas que entren en Educación Infantil (3 anos) ou a  aqueles doutros cursos, que queiran cambiar de centro  



Infogauda / Tomiño

 O Goberno local do Concello de Tomiño, vén de facer público que "coincidindo coa Fase 1 da chamada "desescalada", os centros educativos de Tomiño.permanecerán abertos do 11ao 18 deste mes, para a formalización dos trámites de solicitude de admisión do alumnado de nova incorporación para Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2020-2021; trámites que foron suspendidos cando se decretou o Estado de Alarma.  

 Ás persoas ás que afecta esta resolución son as nenas e nenos que entran a Educación Infantil (con tres anos de idade), e aqueles do resto de cursos que estean matriculados noutros centros e queiran cambiar.  

 Hai que aclarar que o alumnado do CRA Mestre Manuel Garcés que vaia o vindeiro curso ao seu colexio de Primaria de referencia, así coma o de 6º de Primaria dos centros de Barrantes, Tebra, Sobrada, Pedro Caselles, Goián, que solicitan praza para o IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, están exentos de facer esta reserva, pois xa a fixeron no mes de febreiro pasado.  

 A solicitude pode presentarse presencialmente, logo de descargala e imprimila desde httos://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, ou ben, entrar nese mesmo sitio, cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica. (Toda a información necesaria pode atoparse tamén na páxina web (www.tomino.gal) e redes sociais do Concello de Tomiño.  

 Se se desexa presentar o impreso de manera presencial, é necesario, solicitar antes cita previa no centro educativo correspondente, seguindo neste casos as normas de prevención aconselladas polas autoridades sanitarias". 

 A confirmación da matrícula realizarase do 1 ao 10 de xullo.

GALICIA

A Xunta de Galicia pon en marcha un programa pioneiro en Galicia para formar a 1200 autónomos en comercio electrónico e novas canles en liña 

A iniciativa Autónomos dixitais forma parte das medidas que se están deseñando dentro do Plan de reactivación económica

        Foto: X.G.

Inclúe dúas accións formativas en liña: Fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico e Especialista en e-commerce

O prazo de matrícula está aberto ata o 22 de xullo e o inicio do primeiro grupo está previsto o 21 de maio


Infogauda / Galicia

 A Xunta de Galicia pon en marcha Autónomos dixitais, un novo programa formativo que pretende reforzar o tecido produtivo galego facilitando a 1.200 alumnos o desenvolvemento de competencias en comercio electrónico e novas canles online co obxectivo de mellorar tanto a comunicación cos clientes como o coñecemento dos seus produtos e servizos.

 A medida, que xa foi presentada ás asociacións de autónomos máis representativas en Galicia (Agtamar-UPTA, APE e ATA), enmárcase nas accións que o Goberno galego está deseñando dentro do Plan de reactivación económica e complementa tanto as axudas para compra de equipamento dixital como os servizos para facilitar as ferramentas necesarias para impulsar un cambio de tendencia no colectivo autónomo.

 O programa ofrecerá dúas accións formativas en liña de 50 horas lectivas cada unha centradas na mellora de habilidades no eido da xestión loxística, o márketing, a venda online e a creación de tendas virtuais. En concreto, Fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico e Especialista en e-commerce.

 As persoas que realizan unha actividade económica por conta propia interesadas nestes cursos poden solicitar a súa praza ata o 22 de xullo cubrindo un formulario web na páxina https://www.autonomosdixitais.com. Os cursos iniciaranse todos os xoves a partir do 21 de maio e o último comezará o 23 de xullo.

 Con este novo programa a Xunta mantén a súa aposta pola formación como a mellor ferramenta para avanzar nun emprego de calidade e na mellora competitiva das empresas galegas e responde ao compromiso asumido co colectivo autónomo para achegar ferramentas que posibiliten a transformación dixital dos seus negocios.

VIGO

A iniciativa da Delegación da Xunta de Galicia e en colaboración co R.C. Celta se repartirán 11.000 máscaras coas cores e o escudo celeste entre as mozas e mozos vigueses


A nova actuación da sede autonómica súmase ás numerosas accións que desde o inicio da crise sanitaria promovéronse desde a Xunta na loita contra o COVID-19

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, co director da Fundación Celta de Vigo, e unha parella de nenos, na presentación das máscaras coas cores e o escudo celeste
Foto: X.G.

O Club e a Fundación facilitarán a tela necesaria para confeccionar as unidades que serán repartidas de balde nas farmacias e nas parroquias a través de Cáritas

Unha tela especial que loce a identidade do club, “un referente de unión para a veciñanza no camiño ás seguintes fases ”, en palabras da delegada Corina Porro

Estas unidades serán confeccionadas pola rede de costura formada por 300 voluntarios, que forman parte doutra das iniciativas da delegación viguesa

A representante autonómica agradeceu a implicación e disposición do Club e da Fundación na actual situación, “sempre houbo un si a calquera das nosas propostas”

Infogauda / Vigo

  A Xunta de Galicia, a través da Delegación Territorial de Vigo, segue a poñer en marcha medidas encamiñadas á protección da cidadanía nesta loita conxunta contra a COVID-19. A última destas iniciativas implica a o Real Club Celta de Vigo e a súa Fundación, entidades ás que a delegada territorial, Corina Porro, agradeceu a súa implicación e disposición desde o primeiro momento: “Sempre houbo un si pola súa parte a calquera das propostas que lles presentamos”, aseverou.

 Nun acto conxunto celebrado na entrada principal da sede viguesa, a representante autonómica e o director da Fundación Celta de Vigo fixeron pública esta última actuación que consiste na confección de 11.000 novas mascarillas para os nenos e nenas e mozos e mozas vigueses, e que serán distribuídas de balde na rede e farmacias e nas parroquias a través de Cáritas.

 Unha acción conxunta que suma ás numerosas accións que desde o inicio da crise sanitaria promovéronse desde a Xunta na loita contra o COVID-19 e tamén desde o propio Real Club Celta e a súa Fundación.

 Segundo sinalou Corina Porro, o Club e a Fundación facilitarán a tela necesaria para confeccionar as unidades, unha tela especial que locerá a identidade do club, “un referente de unión para a veciñanza neste camiño conxunto que nos levará a superar as seguintes fases”, en palabras da delegada. Serán por tanto en color celeste e levarán impreso o escudo do Real Club Celta de Vigo.

 Un deseño que se ocupará de facer realidade a rede de costura integrada por 300 voluntarios e voluntarias, que forman parte doutra das iniciativas da delegación territorial, e que serán as encargadas de confeccionalas.

GALICIA.

O titular do Goberno galego mantivo hoxe unha videoconferencia co presidente da Federación Galega do Taxi e cos representantes do sector nas principais cidades

A Xunta facilita o acceso dos taxistas ás axudas por perda de actividade e apoia a súa reactivación segura coa adquisición de mamparas de protección para todos os profesionais


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia co presidente da Federación Galega do Taxi, Manuel Sánchez Quindimil  
Foto: X.G

A Xunta negociará o uso de servizos de taxi para o traslado de médicos e persoal sanitario que presten servizos de asistencia a domicilio

O informe elaborado polo Instituto Galego de Estatística acredita unha caída da actividade do sector do taxi superior ao 77% desde a declaración do estado de alarma, suficiente para solicitar as axudas estatais

O Goberno galego financiará a adquisición de 3.900 mamparas de protección para vehículos de turismo de transporte de pasaxeiros

O presidente da Xunta informa ao sector de que o Ministerio de Transportes atendeu a solicitude de Galicia e permite xa unha maior ocupación de prazas do taxi sempre que os pasaxeiros convivan

Traslada que neste mes de maio estará resolto o 75% das axudas á adquisición de taxis de baixas emisións e adaptados á mobilidade reducida, sumando 138 axudas por importe de 700.000 euros

Infogauda / Galicia

  A Xunta de Galicia facilitará o acceso dos taxistas ás axudas por perda de actividade e apoiará a súa reactivación en condicións de seguridade mediante a adquisición de mamparas de protección para todos os profesionais.

 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia co presidente da Federación Galega do Taxi, Manuel Sánchez Quindimil, e con representantes do sector nas principais cidades, co obxectivo de analizar a situación do colectivo no contexto da crise sanitaria.

 Na xuntanza, o presidente do Goberno galego trasladou a vontade de negociar co sector o uso de servizos de taxi para o desprazamento dos médicos e persoal sanitario que presten servizos de asistencia domiciliaria.

 Ademais, informoulles aos profesionais de que a Xunta atendeu a súa solicitude de axuda para acreditar un descenso da súa actividade debido ás restricións de mobilidade asociadas ao estado de alarma que lles permita acceder ás axudas estatais habilitadas.

 O sistema de tributación propio do sector do taxi, por módulos, dificulta demostrar a caída de ingresos sufrida nos termos establecidos polas axudas.

 O informe elaborado polo Instituto Galego de Estatística acredita unha caída da actividade do sector do taxi superior ao 77% desde a declaración do estado de alarma, suficiente para solicitar as axudas estatais.

 Doutra banda, o presidente da Xunta manifestou o interese da Administración autonómica por garantir a seguridade en todos os medios de transporte público, tanto dos profesionais como dos usuarios. Por ese motivo, avanzou que o Goberno galego financiará a adquisición de 3.900 mamparas de protección para todos os profesionais do transporte de pasaxeiros en vehículos de turismo.

 A Xunta quere reforzar deste xeito o seu apoio ao sector do taxi, co que mantén aberta unha liña de diálogo e interlocución permanente. O presidente informou de que o Ministerio de Transportes atendeu a solicitude de Galicia e permite xa unha maior ocupación de prazas do taxi sempre que os pasaxeiros convivan.

 Finalmente, trasladou que, para achegar liquidez ao sector, neste mes de maio estará resolto o 75% das axudas á adquisición de taxis de baixas emisións e adaptados á mobilidade reducida, sumando 138 axudas por importe de 700.000 euros.

GALICIA

A Xunta de Galicia reforza o equipo de intervención de Seaga encargado da encomenda da retirada de niños de vespa velutina  

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as instalacións en Pontevedra da empresa pública

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda na súa visita ás instalacións de Seaga en Pontevedra
Foto: X.G.

As actuacións enmárcanse no Plan de loita contra vespa velutina posto en marcha en colaboración coa Fegamp e ao que están adheridos 278 concellos, o que supón o 90% dos municipios galegos  

Nos catro meses en funcionamento do plan atendéronse máis de 2.000 avisos  

A Xunta mantivo a atención aos avisos e o servizo durante o confinamento derivado do Estado de Alarma polo coronavirus  

Alfonso Rueda insta aos cidadáns a informar ao 012 cando detecten a presenza dun niño desta especie debido ao seu aumento nesta época do ano 

Infogauda / Pontevedra

 O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, destacou hoxe a importancia de que os cidadáns continúen chamando ao Teléfono de Atención e Información á Cidadanía -012- para avisar da presenza de niños de vespa velutina, agora que nesta época do ano comezan a aumentar. Así o destacou hoxe na súa visita ás instalacións de Seaga en Pontevedra, onde anunciou que a próxima semana se reforzará o equipo que está a retirar e destruír os niños desta especie desde comezos de ano por encomenda da Xunta ata completar o número de efectivos previsto.

 Na súa visita, na que estivo acompañado pola directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, explicou que o novo persoal unirase ao equipo de intervención tras recibir a formación específica e contará cos medios necesarios para realizar o traballo con tódalas garantías de seguridade. Deste xeito, contarán con novos equipamentos para ser máis eficientes como marcadoras de aire comprimido de gran alcance, pértegas máis lixeiras e bombas de batería para a impulsión de biocida.

 Alfonso Rueda tamén fixo balance dos catro meses que leva en funcionamento o Plan de loita contra a vespa velutina acordado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e ao que xa están adheridos 278 concellos, o que supón o 90% dos municipios galegos. Nesta liña, destacou que o Goberno galego ofrece “unha atención profesional con equipos ben preparados que contan cos medios necesarios para facer fronte ao que se converteu nun problema en Galicia e ao que a Xunta dou unha solución centralizada e coordinada cos concellos”.

 Desde que se puxo en marcha este programa o pasado 20 de xaneiro, os efectivos de Seaga atenderon máis de 2.100 avisos. Dous terzos das comunicacións concentráronse nas provincias da Coruña e Pontevedra, con 840 e 652 avisos respectivamente. Desde o comezo da encomenda, recibíronse de media 17 avisos por xornada.

 En case 500 niños procedeuse á súa retirada ou neutralización e na maioría deles nun prazo de menos de cinco días hábiles, ao estar situados a menos de 25 metros de altura e en lugares accesibles. Ademais, o equipo sinaliza os niños inactivos cunha pegatina na que se indica a data da visita.

 Por outra parte, desde o pasado febreiro infórmase por SMS do estado dos avisos ás persoas que comunicaron da súa presenza. Desta forma, contáctase co comunicante para planificar a visita do persoal de campo que, á súa vez, despois de acudir ao lugar do aviso, informa do estado da actuación.

 Debido á importancia deste servizo, a Xunta mantivo a atención dos avisos para a retirada de niños no teléfono 012 durante o Estado de Alarma polo coronavirus. Aínda que o volume de chamadas descendeu debido ao confinamento, o Goberno galego continuou cos traballos durante este período garantindo a protección e a seguridade dos efectivos de Seaga. Por iso, Alfonso Rueda insistiu na necesidade de que os cidadáns a partir de agora informen cada vez que localicen un destes niños.

 O plan, de loita contra a vespa velutina dotado con 2,3 millóns de euros de fondos propios da Xunta e do Fondo de Cooperación Local, ofrece unha resposta eficaz de forma homoxénea en todas as zonas afectadas da comunidade.

VILA NOVA DE CERVEIRA

ADIAMENTO DA XXI BIENAL INTERNACIONAL DE ARTE DE CERVEIRA 

1 de agosto a 31 de dezembro de 2020
 

  
Fundação Bienal de Arte de Cerveira

 A Fundação Bienal de Arte de Cerveira vem, pelo presente, comunicar que a data da XXI Bienal Internacional de Arte de Cerveira será adiada, decorrendo de 1 de agosto a 31 de dezembro de 2020 e não de 10 de julho a 13 de setembro, como previamente anunciado. A edição será apresentada num formato duplo, isto é, presencial (logo que as condições epidemiológicas permitam), mas dando primazia à visita virtual através da criação de uma plataforma digital. 

 A alteração surge no seguimento da deliberação da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira de adiamento de todos os eventos de cariz público agendados até 31 de julho, como medida de caráter preventivo de combate à expansão da COVID-19, tendo em conta as orientações da Direção-Geral da Saúde (DGS), do governo português e da Organização Mundial de Saúde (OMS). 

 Neste âmbito, e reforçando a internacionalização do evento, a Fundação Bienal de Arte de Cerveira está também a preparar uma edição digital, que permitirá ao público a visita virtual à bienal de arte mais antiga do país e da Península Ibérica a partir de qualquer parte do mundo. 

 Ao longo dos seus quase 42 anos de existência, a Bienal Internacional de Arte de Cerveira viveu períodos conturbados e momentos de verdadeiro sucesso - todos eles se afirmaram verdadeiros motores de adaptação e reinvenção, legitimando a sua continuidade. Todos foram importantes para o seu percurso e todos foram superados graças à resiliência e ao esforço dos seus impulsionadores, dos decisores, dos artistas, dos cerveirenses e dos seus entusiastas! Estamos certos de que este será mais um desafio que conseguiremos ultrapassar e que juntos continuaremos a escrever a história da Arte Contemporânea portuguesa. 

 Por isso, aguardaremos com grande expectativa por estes (re)encontros que nos recordam, mais do que nunca, a importância que a Arte tem nas nossas vidas!

ARCOS DE VALDEVEZ

Câmara Municipal entrega 55 Bolsas de Estudo



María Joâo Brito / Arcos de Valdevez 

 Este ano Câmara Municipal de Arcos de Valdevez voltou a aumentar o número de bolsas atribuídas aos alunos do ensino superior, tendo decidido entregar 55 bolsas, no valor global de 34.450,00€, ou seja um aumento do apoio de 40%.  

 A importância da atribuição de bolsas de estudo visa apoiar os agregados familiares a suportar os encargos dos estudos superiores e criar oportunidades iguais para todos os estudantes.  

 Para o Presidente da Câmara Municipal a educação e a formação são fulcrais no desenvolvimento pessoal e do concelho.

ARCOS DE VALDEVEZ

Conselho Municipal de Turismo reúne para desenvolver estratégias de recomeço



María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Durante a reunião do Conselho Municipal de Turismo foram abordadas diversas estratégias, enfocando sempre a saúde e a segurança de todos.  

 Neste recomeço é importante reconquistar a confiança dos clientes, garantir que Arcos de Valdevez se trata de um destino responsável e seguro, bem como proporcionar uma sensação de calma e segurança. Para além disso, é importante apostar fortemente na promoção do concelho através das novas tecnologias, elaborando diversos conteúdos visuais, e ainda reforçar a divulgação do destino em plataformas online.  

 O apoio aos profissionais também é uma prioridade, tendo sido divulgada a criação de um programa de apoio à restauração e ao alojamento que prevê contribuir para a sustentabilidade e promoção turística de Arcos de Valdevez. A criação do Programa de Apoio ao Turismo Arcos de Valdevez (PATAV), visa atribuir vouchers para descontar nos alojamentos e restaurantes aderentes. Destinados aos profissionais de saúde, bombeiros, forças de segurança e colaboradores das IPSS’s, os vouchers, representam uma forma de agradecimento, por parte de todos os Arcuenses, pelo trabalho desenvolvido no período de emergência COVID-19.  

 O Município está empenhado para, em colaboração com os diversos parceiros, desenvolver ações que permitam voltar a dinamizar o turismo, gerar emprego e rendimento, bem como reconquistar a confiança dos visitantes para que voltem a escolher Arcos de Valdevez como destino preferencial.

ARCOS DE VALDEVEZ

Biblioteca de Arcos de Valdevez reabre ao público

Biblioteca Municipal Tomaz de Figueiredo

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez  

 O Município de Arcos de Valdevez reabriu ao público, de forma presencial, o Serviço de Empréstimo de Publicações da Biblioteca Municipal Tomaz de Figueiredo. 

 O utilizador deve preferencialmente aceder ao catálogo da Rede de Bibliotecas de Arcos de Valdevez para facilitar a escolha e reserva das publicações pretendidas, disponível via https://catalogo-bibliotecas.cmav.pt 

 Em alternativa, pode utilizar o endereço eletrónico biblioteca@cmav.pt, o telefone direto da Biblioteca/Casa das Artes 258 520 520, as Redes Sociais, pelo endereço https://www.facebook.com/BibliotecaMunicipalTomazdeFigueiredo.  

 O levantamento é presencial e limitado a uma pessoa de cada vez, sendo obrigatório o uso de máscara própria e a higienização das mãos, no local.  

 Desta forma, o Município pretende incentivar e relembrar a importância do livro e da leitura em momentos de confinamento social.

LABORAL

A CIG de Vigo esixe solucións inmediatas para os millares de traballadoras e traballadores en ERTE que inda non cobraron  

A central sindical nacionalista denuncia que nun número importante de empresas da automoción, o metal ou o sector servizos, o persoal afectado por ERTE inda non cobrou  

Alberte Gonçalves: “Parece que na Moncloa non entenderon que o pobo non comemos nin con propaganda, nin con promesas, nin coas boas palabras da ministra”  

Infogauda / Vigo

 A Unión Comarcal de Vigo da CIG esixiu esta mañá, en declaracións do seu secretario comarcal, Alberto Gonçalves, unha solución inmediata á situación de varios millares de traballadoras e traballadores da bisbarra que, estando afectados por ERTE, inda non ingresaron as súas prestacións.   

 Gonçalves lembrou que a CIG xa advertira varias semanas atrás da “situación límite” na que se atopaban millares de traballadoras e traballadores da comarca de Vigo que non tiñan claro cando ían poder cobrar. “O colapso administrativo na tramitación dos ERTE e das súas prestacións, provocou que a día de hoxe haxa un número moi importante de empresas na práctica totalidade dos sectores, pero con especial incidencia na industria da automoción, no metal ou nos servizos, onde temos constancia de que o seu persoal non ingresou un só euro”, denuncia.   

 Unha situación de enorme gravidade dado que, como lembran desde a central sindical nacionalista “o salario é a fonte de sustento das familias traballadoras”. “Parece que na Moncloa non entenderon que o pobo non comemos nin con propaganda, nin con promesas, nin coas boas palabras da ministra de Traballo”, reprocha Gonçalves.  

 Para o secretario comarcal da CIG de Vigo é “absolutamente intolerábel” que os traballadoras e traballadoras afectadas por ERTE, que foron promovidos polo propio Ministerio de Traballo, non teñan cobrado nin saiban cando van cobrar. “Queremos preguntarlle directamente a Yolanda Díaz como van pagar estas familias as súas facturas, como poderán pagar as súas compras no supermercado, como van facer fronte a alugueiros e hipotecas”, inquiriu. Nese sentido, Gonçalves reclamou unha reacción áxil por parte do Ministerio de Traballo que vaia para alén do declarativo. “Onte, a ministra dicía empatizar cos millares de familias nesta situación. E nós dicímoslle que a empatía non resolve non ter cartos. Menos empatía e máis xestión. Menos anuncios e fotos de inútiles pactos sociais e máis solucións”, demandou.   

 Emporiso, desde a CIG, como primeira forza sindical esíxenlle ao Goberno español que adopte as medidas que sexan necesarias para asegurar que todas as persoas afectadas por ERTE poidan cobrar nos próximos días. “Non poden colocar as familias traballadoras en situación límite durante semanas”, advirten.