A iniciativa da Delegación da Xunta de Galicia e en colaboración co
R.C. Celta se repartirán 11.000 máscaras coas cores e o escudo celeste
entre as mozas e mozos vigueses
A
nova actuación da sede autonómica súmase ás numerosas accións que desde
o inicio da crise sanitaria promovéronse desde a Xunta na loita contra o
COVID-19
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, co director da Fundación Celta de Vigo, e unha parella de nenos, na presentación das máscaras coas cores e o escudo celeste
Foto: X.G.
O Club e a Fundación facilitarán a tela necesaria para confeccionar as unidades que serán repartidas de balde nas farmacias e nas parroquias a través de Cáritas
Unha tela especial que loce a identidade do club, “un referente de unión para a veciñanza no camiño ás seguintes fases ”, en palabras da delegada Corina Porro
Estas unidades serán confeccionadas pola rede de costura formada por 300 voluntarios, que forman parte doutra das iniciativas da delegación viguesa
A representante autonómica agradeceu a implicación e disposición do Club e da Fundación na actual situación, “sempre houbo un si a calquera das nosas propostas”
Infogauda / Vigo
A Xunta de Galicia, a través da
Delegación Territorial de Vigo, segue a poñer en marcha medidas
encamiñadas á protección da cidadanía nesta loita conxunta contra a
COVID-19. A última destas iniciativas implica a o Real Club Celta de
Vigo e a súa Fundación, entidades ás que a delegada territorial, Corina
Porro, agradeceu a súa implicación e disposición desde o primeiro
momento: “Sempre houbo un si pola súa parte a calquera das propostas que
lles presentamos”, aseverou.
Nun acto conxunto celebrado na
entrada principal da sede viguesa, a representante autonómica e o
director da Fundación Celta de Vigo fixeron pública esta última
actuación que consiste na confección de 11.000 novas mascarillas para os
nenos e nenas e mozos e mozas vigueses, e que serán distribuídas de
balde na rede e farmacias e nas parroquias a través de Cáritas.
Unha
acción conxunta que suma ás numerosas accións que desde o inicio da
crise sanitaria promovéronse desde a Xunta na loita contra o COVID-19 e
tamén desde o propio Real Club Celta e a súa Fundación.
Segundo
sinalou Corina Porro, o Club e a Fundación facilitarán a tela necesaria
para confeccionar as unidades, unha tela especial que locerá a
identidade do club, “un referente de unión para a veciñanza neste camiño
conxunto que nos levará a superar as seguintes fases”, en palabras da
delegada. Serán por tanto en color celeste e levarán impreso o escudo do
Real Club Celta de Vigo.
Un deseño que se ocupará de facer
realidade a rede de costura integrada por 300 voluntarios e voluntarias,
que forman parte doutra das iniciativas da delegación territorial, e
que serán as encargadas de confeccionalas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario