12 de set. de 2020

A GUARDA

PROPOSTAS EN MATERIA DE TRÁFICO RODADO E SERVIZOS PÚBLICOS

Para súa consideración pola Corporación Municipal de A Guarda


                                  Vista parcial de A Guarda desde o Monte Santa Trega
                                                                 Fotos: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Polas características do seu rueiro, parque móbil existente e densidade poboacional, entre outros factores a ter en conta, a localidade de A Guarda ben merece un plan de ordenamento do tráfico rodado ou de seguridade vial. 

 Desde que en boa hora foi instaurada a Democracia no Estado español ata o día de hoxe, agás actuacións concretas e ao mesmo tempo illadas; unha das asignaturas pendentes do concello guardés e á de deseñar, consensuar - no seo da Corporación Municipal -, informar á veciñanza - dando os correspondentes prazos de tempo para súa exposición pública, estudo e presentación de posibles alegacións - e finalmente implementar as modificacións que se estimen prioritarias, tendo como obxectivo primordial calmar e reordenar - onde sexa necesario - o tráfico rodado, implantar á sinalización correspondente, etc. En definitiva, procurar mellorar á accesibilidade, mobilidade, e a calidade de vida dos veciños e dos visitantes, e por conseguinte, dinamizar, en xeral, a vida cotiá.

 Que a día de hoxe, en pleno século XXI haxa no municipio guardés núcleos de poboación con viais estreitos, concebidos no seu día - nalgúns casos, fai máis de 2.000 anos - para o tránsito de persoas e animais de carga, nos que está permitida de facto, toda vez que nada o impide, á circulación en doble sentido, de vehículos a motor; é, segundo noso modesto entender, unha presunta anomalía. Para comprobalo invitamos as autoridades municipais con responsabilidades de goberno, e por suposto aos concelleiros dos demáis grupos municipais, a que transiten a pé polos camiños de Camposancos e de Salcidos e poderán comprobar de primeira man que o de presunta anomalía é unha expresión cordial, dita así para non molestar a ninguén. A realidade é sensiblemente máis elocuente.


Vista parcial da parroquia de Salcido desde o Monte Santa Trega



 O ideal sería que a instancias da Alcaldía, a Policía Local fixese un traballo de campo, recollendo nunha planimetría dixital ou en soporte físico, todos os camiños nos que polas súas características de ancho de calzada, deberían ser propostos para á circulación rodada nun só sentido. Unha vez coñecida á realidade pormenorizada, valorar o procedemento a desenvolver, e logo de decidilo, informar aos veciños, en xeral, e de xeito directo, aos residentes nos lugares de intervención, para súa implementación no momento que se considere oportuno a fin de evitar na medida do posible, as molestias que a entrada en vigor desas normas poderían conlevar nos primeiros momentos. Sobor de todo, para os profesionais do transporte e reparto e suministro de productos de alimentación, gas butano, materiais de construcción, paquetería, etc..

 Por outra banda, a nivel do casco urbano, a dotación de dispositivos semafóricos, é a todas luces, testemuñal. Desde este xornal dixital transfronteirizo consideramos que non debera demorarse á dotación de semáforos vehiculares naqueles lugares onde cada día estáse constatando súa necesidade. Por exemplo na rúa de Galicia, que pola súa lonxitude total debera contar con sinais de control de tráfico nas interseccións coas rúas Rosalía de Castro, Coengo Juan Domínguez Fontela, José Manuel Andreini e República Dominicana. Entre outras a estudar polas autoridades competentes.

 Asemade, debera dotarse de semáforos a rúa Alcalde Manuel Álvarez, na intersección coa rúa Enrique Mª Sesto, indo en dirección a Estrada de Circunvalación e tamén desde ésta en dirección a rúa Alcalde Manuel Álvarez. 

 No que respecta a rúa Malteses, o acceso desde A Ribeira ou desde a rúa Concepción Arenal, propomos que sexa de acceso restrinxido permitíndoo aos veciños residentes. Para iso, a solución máis viable sería a implantación de bolardos rectractiles provistos dun sistema de control de acceso mediante lectura de matrículas. A día de hoxe a rúa Malteses soporta máis tráfico rodado do que probablemente sería necesario, e dese xeito os perxudicados son os residentes nesa zona, cos inconvintes que conleva en canto a ruídos, contaminación, perigo para os peóns, etc.  

 Noutro orden de cousas, tendo en conta que A Guarda, como concello turístico que é, debería  implementar á sinalización necesaria para facilitar á información dos accesos a determinados lugares, de vehículos dotados de remolques (para caravanas ou similares) e autocaravanas. Temos constancia de varios casos, que por carecer das correspondentes sinais verticais algúns conductores visitantes atopáronse con "colos de botella", dos que obviamente foilles máis doado entrar que posteriormente sair, cando se percataron da situación na que se atopaban.


Autocaravanas estacionadas no Portiño Novo

 Ao referirnos a vehículos autocaravanas temos constatado a reiterada presenza de varias unidades en diferentes enclaves do termo municipal: A Armona, Monte Santa Trega, O Portiño Novo, Atalaia, Fedorento, Area Grande, As Loucenzas,...

 Neste verán de 2020 probablemente foi no que máis se notou que A Guarda carece dunha área de servizo para os vehículos que remolcan caravanas e obviamente para as autocaravanas.

 Na Guarda, ademáis das instalacións de campismo existentes na Ribeira de Salcidos, tan soio temos constancia dun lugar - tamén de iniciativa privada - onde os usuarios deses vehículos teñen a posibilidade de efectuar o servizo de cambio de augas, é decir, valeirar as chamadas "augas grises". Está ubicado na Estación de Servicio das Loucenzas, na estrada autonómica de Galicia PO-552, coordenadas GPS: 41.9175   /   -8.87944 N 41º 55' 03'' / W 08º 52' 46''.

  Valeirar "augas grises" fora dos lugares autorizados foi unha práctica bastante corrente que algúns usuarios de autocaravanas fixeron, presuntamente ao abeiro da nocturnidade. De contar en A Guarda cunha área de servizo para este tipo de vehículos poderíase evitar gran parte deses verquidos furtivos

 Por outra banda, pensando nos profesionais e nos usuarios do servizo de transporte regular e discrecional de viaxeiros por estrada, non entendemos como estando ubicada na rúa Rosalía de Castro, a parada do autobús de liña A Guarda - Vigo, por Tui e por Baiona, ainda non se haxa dotado duns aseos públicos. De tal xeito é así, que os conductores dos autobuses - e tamén os viaxeiros - teñen que verse e desexarse, como se di coloquialmente, para facer súas necesidades fisiolóxicas, tendo que recorrer a algún dos establecementos da contorna, sempre e cando estén abertos. Senón a alternativa, xa sabemos todos cal é, que obviamente non é a solución axeitada.

 Do mesmo xeito, mália haber sido aprobada en sesión plenaria unha moción ao respecto, presentada polo concelleiro Celso Rodriguez Fariñas, do Grupo Municipal Converxencia Galega, o Equipo de Goberno Municipal do Concello de A Guarda ainda non cumpliu o acordado. E así temos visto como os usuarios máis noviños da Alameda teñen que "recorrer" a unha esquina do parcial peche perimetral dese recinto público, para facer súas necesidades líquidas. A vista está que a denominación de "Alameda do século XXI" coa que algúns cárregos públicos nun evidente alarde oral, definiron no seu día ese lugar, non están facendo honor co que na práctica esa denominación  debería conlevar, concretamente no relativo á dotación de aseos públicos.    
 

Vista parcial da parroquia de Camposancos desde o Monte Santa Trega
 

  E rematamos por hoxe estas propostas cívicas, insistindo na necesidade de dotar de beirarrúas o tramo de estrada comprendido entre San Roque e As Cachadas, así como os tramos da Estrada de Camposancos que a día de hoxe tamén carecen das mesmas, como oportunamente os veciños deixaron constancia diso. Asemade suxerimos que se vaia pensando en dotar de beirarrúas o tramo comprendido entre Os Casás e as últimas vivendas da zona de Centeares.

 A vista está que tarefas pendentes hai dabondo. Quixéramos que estas propostas que indicamos desde o máis absoluto desinterese persoal, e por suposto sin ningún obxectivo político, non caesen en saco roto, pois non cabe dúbida que hai que poñerse mans á obra. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario