13 de out. de 2025

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

FILATELIA

150 aniversario do Colexio Apóstolo Santiago

 A exposición inaugurarase o venres, 31 de outubro, ás 20:00 no salón da Comunidade de Montes de Camposancos




Almudena Taboada Lago / Camposancos

 A Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, organiza unha exposición filatélica, conmemorando o 150 aniversario do histórico Colexio Apóstolo Santiago, instalado en Camposancos en 1875 desenvolvendo o seu labor académico ata 1916. A exposición inaugurarase o venres, 31 de outubro, ás 20:00 no salón da Comunidade de Montes de Camposancos, permanecendo aberta ata o 5 de novembro, contará cun selo personalizado e un cuño. 


Selo personalizado, conmemorativo do 150 aniversario do Colexio Apóstolo Santiago, en Camposancos

 Así mesmo publicarase un boletín coa colaboración de Joaquín Miguel Villa Álvarez quen, finalizará o acto cun relatorio sobre o colexio. 

Expositores e coleccións para a exposición filatélica con motivo do 150 aniversario do Colexio Apóstolo Santiago, en Camposancos  

• José Ángel Gándara Rodríguez: A Guarda a través dos fotógrafos da época   

• Almudena Taboada Lago: Terra Australis Ignota   

• Luciano Lomba Vicente: Estilos arquitectónicos relixiosos (en Europa e áreas de influencia)  

• Marcelino Portela Lorenzo: España-1º Centenario  

 José Ángel Gándara Rodríguez Colón: Rumbo ás Yndias 

Horario de visita

1 e 2 novembro, de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 19:00 horas.

Do 3 ao 5 de novembro, de 18:00 a 19:00 horas.

 O evento conta coa colaboración da Federación Galega de Sociedades Filatélicas, o Concello da Guarda, a Deputación de Pontevedra e a Comunidade de Montes de Camposancos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario