HABERÁ QUE IR PENSANDO EN INTRODUCIR O TOXO DO PAÍS
Esa é a lamentable imaxe que ofrecía este sábado unha das xardineiras da rúa Concepción Arenal
Fotos: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Esta semana, un redactor deste xornal dixital transfronteirizo presenciou dunhas uns segundos, como unha persoa xoven, que atopábase sentada nun dos bancos de pedra existentes na rúa Concepción Arenal, fronte a Chán de Conde, namentras falaba por teléfono, estaba arrincando - como se fose algo normal para ela - unha por unha, as follas dunha planta ubicada na xardineira contigua, que estaba ao alcance das súas mans. O redactor detívose a un par de metros desa xoven - era unha moza de uns 25 anos, aproximadamente - e logo de observar súa acción durante un breve espazo de tempo, dirixiuse a ela decíndolle: "Ola. Que fas?".
A xoven respostou: "Perdón, perdón".
E aí rematou, que nós saibamos a incidencia. Non temos constancia de que posteriormente continuase cóa súa particular "poda dixital".
En todo caso, a referida xoven non demostrou o debido respecto non soio á planta que foi obxecto da súa acción, probablemente inconscente, senón a un ben que forma parte do patrimonio municipal de toda á veciñanza.
Por outra banda, na mañá deste sábado, observamos como unha das xardineiras da rúa Concepción Arenal presentaba - como se pode apreciar nas fotografías desta crónica - unha fermosa planta que fora tronzada. E alí estaba pousada na xardineira como un exemplo do incivismo de alguén que visto o feito, semella non ser amiga/o da Natureza, ou cando menos, nada respectuosa coas plantas.
Visto o visto, tal vez sería convinte que desde o Equipo de Goberno Municipal do Concello de A Guarda, se fose pensando en introducir nas xardineiras da rúa Concepción Arenal, plantas de toxo (Ulex europaeus). Polas súas características (folla perenne, espiñento,...), seguramente tería moi boa acollida, sobor de todo nos meses en que amosan súas fermosas flores de intensa cor amarela, que mesmo contan coa súa correspondente copla:
Alecrín, alecrín dourado
que naceu no monte
sen ser sementado (bis)
Ai, meu amor
quen che dixo a ti
que a flor do campo
era o alecrín? (bis)
Alecrín do meu corazón
por causa de ti
fixen esta canción (bis)
Ai, meu amor
quen che dixo a ti
que a flor do campo
Alecrín, alecrín dourado
que naceu no monte
sen ser sementado (bis)
Ai, meu amor
quen che dixo a ti
que a flor do campo
era o alecrín? (bis)
Alecrín do meu corazón
por causa de ti
fixen esta canción (bis)
Ai, meu amor
quen che dixo a ti
que a flor do campo
Ningún comentario:
Publicar un comentario