Á VECIÑANZA BOTOUSE A RÚA
PARA ESIXIR UNHA SENDA PEONIL ARREDOR DO MONTE SANTA TREGA
Fotos: C.MM.VV.E.M.C. de Camposancos
Infogauda / Camposancos
Respondendo á convocatoria pública feita coa debida antelación pola Entidade Local Menor de Camposancos, co apoio da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, Club de Tenis Codesal, Club de Vela Alagua, Club de Petanca "O Caldeiro" e Sociedade Los Amigos, de Camposancos, e desafiando á inestabilidade climatolóxica, ás 10:30 da mañá deste domingo día 1 de marzo de 2020, arrancou desde ás inmediacións do casino de Camposancos, a marcha-manifestación para ir en dirección á Sangriña camiño da vila guardesa, esixindo da Xunta de Galicia, titular da estrada PO-352, a realización dunha "ecosenda para camiñar de Camposancos ata a Guarda", e viceversa.
Vista parcial das persoas que se concentraron diante do casino de Camposancos, nos momentos previos á saída da marcha-manifestación deste domingo
A resposta da cidadanía á convocatoria foi moi positiva
Nesa actividade cívica e reivindicativa "participaron - segundo fontes da Entidade Local Menor de Camposancos - preto
de 1.000 persoas", as cales precedidas por unha pancarta sustentada pola presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos, polo presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da devandita parroquia, e tamén por veciñas/os, e na que puido lerse "Para camiñar seguro, ECOSENDA XÁ"; os participantes deron a volta ao Monte Santa Trega coreando consignas para
esixir a realización da devandita infraestructura que permita desprazarse con seguridade. Na parte posterior da marcha-manifestación ían varios veciños tocando varios instrumentos de percusión, sen que se rexistrase ningún tipo de incidentes.
Cabeceira da marcha-manifestación e participantes na mesma, de retorno pola zona de Visaxes e A Chor, na estrada de Circunvalación
Ao remate da manifestación - que contou coa colaboración da Policía Local de A Guarda -, a presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos, Mª Mercedes Martínez Vázquez (Merchi) dirixiuse aos asistentes. Nun momento da súa intervención dixo: “A reivindicación que traemos hoxe aquí é unha necesidade para Camposancos e para todo o pobo da Guarda. Recorrer a pé a estrada que vimos de andar é simplemente perigoso.
Desde que empezamos a dar os primeiros pasos en novembro as asociacións camposinas e a Entidade Local Menor, empezáronse a mover as cousas. A convocatoria desta manifestación deu xa os seus primeiros froitos.
O 17 de febreiro deste mes o Concello da Guarda, encargou o anteproxecto da senda. Nove días despois, o mércores desta semana, preséntanmo a min e o día seguinte ao vecindario de Camposancos.
A pena é que tiveramos que agardar tanto. Este anteproxecto tiña que estar elaborado moito antes. Si o estivera, ao mellor a senda hoxe estaba en marcha.
Perdéronse oportunidades. Os fondos FEDER da Unión Europea do ano 2017, contemplaban subvencións de ata o 85% para este tipo de actuacións. O Concello da Guarda deberá estar máis atento para que non se lle escapen outra vez si é que volven a saír.
E si non hai fondos FEDER, haberá que petar con entusiasmo nas portas da Xunta de Galiza, titular desta estrada. Que saiba o Concello que para eso vai contar con todo o meu apoio”.
Compre relembrar que a cotío son moitas ás persas que adoitan camiñar pola Estrada de Circunvalación e pola Estrada de Camposancos, as cales presentan os respectivos tramos sen dotación de beirarrúas, e cuns arcéns estreitos que poñen en serio risco á integridade persoal dos camiñantes, toda vez que ó tránsito rodado tamén é moi importante, en calquer época do ano, e sobor de todo nos meses de verán. Eses feitos, perfectamente constatables, non de agora, senón desde fai décadas, deberan ser motivos máis que suficientes para que á Administración autonómica, acorde sen demora e tan axiña como sexa posible, dotar do correspondente orzamento para materializar esa infraestrutura cuxo anteproxecto foi presentado á veciñanza de Camposancos, polo alcalde do Concello de A Guarda, o xoves desta mesma semana.
Que non haiba que agardar a ter que lamentar que aconteza un accidente con víctimas, porque para daquela, sería demasiado tarde.
REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA AUTORÍA DE SANTIAGO BAZ LOMBA

Ningún comentario:
Publicar un comentario