Avelaíña A Guarda celebra o Día Mundial da Saúde Mental cunha xornada participativa na rúa
Natalia Guisande / A Guarda
Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, o Centro de Avelaíña, de A Guarda organizou hoxe unha xornada aberta á cidadanía na praza Avelino Vicente, co obxectivo de sensibilizar sobre a saúde mental, visibilizar o traballo realizado no centro e promover a inclusión social das persoas usuarias.
A actividade contou cunha programación diversa e lúdica que convidou á participación activa da veciñanza. Entre as propostas destacaron:
• Posto informativo sobre saúde mental e os recursos da Asociación Avelaíña.
• Panel participativo “Que fas ti para coidar da túa saúde mental?”, onde as persoas asistentes puideron deixar mensaxes e debuxos en notas adhesivas.
• Exposición de pezas de cerámica e outros produtos elaborados polas persoas usuarias do CRPL Avelaíña.
• Bingos comunitarios, con premios elaborados no obradoiro ocupacional do centro.
O evento contou cunha ampla participación de persoas usuarias, familiares, profesionais e veciñanza, que se achegaron para compartir, aprender e celebrar a saúde mental como parte esencial do benestar colectivo.
Esta iniciativa busca achegar a saúde mental á rúa, romper estigmas e recoñecer o valor das persoas usuarias do CRPL Avelaíña como parte activa da comunidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario