CONVERXENCIA GALEGA REITERA Á NECESIDADE DE CONTAR CON ASEOS PÚBLICOS FIXOS EN ESPAZOS EXTRATÉXICOS E DE GRAN AFLUENCIA
O concelleiro Celso Rodríguez Fariñas relémbralle ao Grupo de Goberno Municipal que á moción foi aprobada por unanimidade fai dous meses
Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro do Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
As veces - certamente con máis frecuencia da que sería lexítimamente desexable - semella que a "maquinaria municipal" - por decilo dun xeito gráfico - vai a un ritmo impropio dos tempos que vivimos. Impropio por lento, e por conseguinte, inadmisible en pleno século XXI no que todos temos á obriga de sermos áxiles na xestión - e á relativa a Administración Local non debera ser menos - e no desenvolvemento do noso labor cotián. E unha proba - entre outras - desa lentitude municipal a que aludimos, queda constatada no fondo do escrito que o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, de Converxencia Galega, viuse na necesidade de presentar no rexistro do Concello de A Guarda, e no cal di o seguinte:
No Pleno Ordinario do mes de novembro, este Grupo Municipal presentou unha moción que compoñía o Expediente nº 2376/2019 que foi aprobada por unanimidade, sin que a día de hoxe, -DOUS (2) MESES despois, non teñamos ningún tipo de información de como e cando ten pensado o Grupo de Goberno do PSOE, decidir facela realidade.
Dado o interese da mesma e a necesidade de que na nosa localidade podamos dispor deste tipo de instalacións, queremos instar o Sr. Alcalde, para que neste Pleno de Xaneiro/2020, pase a informarnos de cando, como e donde serán levado a cabo as obras para que poidamos disfrutar de:
URINARIOS PÚBLICOS FIXOS EN ESPAZOS EXTRATÉXICOS E DE GRAN AFLUENCIA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
De acordo cos plans de modernización sinalados polo Goberno Municipal e o incremento da importancia turística nacional e internacional, así como una atención especial as persoas maiores, embarazadas e poboación infantil, etc., quixéramos poder dar unas prestacións tanto a veciñanza como a visitantes co obxetivo de ser sensibel as demandas sociais.
O noso pobo non dispón de aseos en espazos públicos, a veces se instalan co gallo de festas e eventos especiais. A ausencia dos mesmos, ten ocasionado que distintos rincons do noso pobo se convirtan en improvisados mexadeiros públicos, cas consecuencias de suciedade e malos cheiros.
É una realidade, ainda da gran poboación infantil e xuvenil que temos, que vai en incremento a poboación envellecida, que maioritariamente, son quenes acuden a parques e outros espazos para pasear e entreter os netos dados que eus proxenitores están traballando, polo que en non poucas ocasións teñen que recurrir os negocios de hostelería para aplacar as súas necesidades fisiolóxicas e dos descendientes.
É una necesidade urxente este tipo de instalacións na búsqueda dunha maior hixiene e como demostración dunha vila con imaxe moderna.
Asimesmo é de resaltar a suxerencia de que eses aseos públicos sexan instalacións fixas e que a súa ubicación como mobiliario público teña en conta a integración no entorno.
Por todo isto dende CONVERXENCIA GALEGA, propoñemos os seguintes ACORDOS:
Instalación de urinarios públicos fixos en zonas estratéxicas da localidade por una maior e mellor hixiene, e fundamentalmente unha mellor atención os usuarios deses espazos, tendo en conta a integración do entorno.
A Guarda, a 23 de Xaneiro do 2020
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario