A CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE A GUARDA ESTÁ CHAMADA A TRATAR UNHA MOCIÓN DE APOIO AO SECTOR MAR INDUSTRIA ALIMENTARIO
Infogauda / A Guarda
Se o alcalde do Concello de A Guarda o considera oportuno, e a inclúe - como é de agardar -, nos asuntos a tratar na vindeira sesión plenaria ordinaria, á Corporación Municipal terá oportunidade de pronunciarse sobor dunha proposta que vén avalada por varias entidades representativas do sector Mar, Industria Alimentario - Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos (AGADE), Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO-CECOPESCA), Asociación Empresarial de Acuicultura de España (APROMAR), Cluster de Acuicultura, Centro Teconólogico del Cluster de la Acuicultura, Federación Galega de Confrarías de Pescadores, e FEMEX -, e que ten como primeira finalidade facerse escoitar no proceso de elaboración do
proxecto de lei para o Cambio climático e a Transición enerxética. E ao mesmo tempo que se teñan en conta as lexítimas inquedanzas dos sectores depurador, pesqueiro, acuícola, conserveiro e transformador de produtos do mar.
Para coñecemento dos lectores deste xornal dixital transfronteirizo, e da cidadanía, en xeral, transcrebemos literalmente o documento que foille remitido ao concelleiro Celso Rodríguez Fariñas por algunha das entidades que solicitan o apoio. Ese documento, que foi presentado no rexistro municipal de entradas polo devandito concelleiro, como unha moción que é asumida por Converxencia Galega no Concello de A Guarda, di o seguinte:

MOCIÓN DE APOIO DAS CORPORACIÓNS LOCAIS AO SECTOR MAR INDUSTRIA ALIMENTARIO LOCAL E COMARCAL
O sector depurador, pesqueiro, acuícola, conserveiro e transformador de produtos do mar ten unha importancia estratéxica na economía litoral galega e por extensión no tecido económico de Galicia no seu conxunto, sendo un dos motores esenciais é insubstituíbles da nosa estrutura socio económica, da creación de emprego e da cohesión interterritorial, cun efecto multiplicador na economía das localidades onde tradicionalmente se asenta esta actividade.
Bo exemplo diso é o noso concello e a comarca na que nos asentamos. Xunto
ao sector extractivo tradicional, representado principalmente pola pesca de
baixura e o marisqueo, foise desenvolvendo en harmonía un potente sector
miticultor e acuícola, ademais dun sector depurador e transformador do produto
das rías, todo o cal conforma un tecido mar alimentario fundamental que por
necesidade sitúase na zona marítimo terrestre.
O mar como fonte de
riqueza forma parte indisoluble pois da nosa forma de vida. A economía local e
comarcal depende da ría: directa ou indirectamente, todo o noso tecido
económico creceu dende tempo inmemorial grazas á riqueza que a ría proporciona.
Pero o vínculo vai máis
aló aínda: o pobo mesmo foise formando en torno á ría; e a ría dános un xeito
de vivir e de ser. A costa é moito máis que unha paisaxe ou un lugar ao que ir
traballar: é o pobo; somos nós.
É por tanto un dereito
colectivo irrenunciable que calquera proxecto normativo dirixido a modificar o
marco legal da nosa costa e da actividade socioeconómica que dela vive conte
desde o minuto cero coas xentes que vivimos na costa. Sempre, e moito máis no
actual marco de crise económica que nos asola a todos.
Un dereito e unha necesidade que non se cumpriron, unha vez máis, no proceso de elaboración do proxecto de lei para o Cambio climático e a Transición enerxética (actualmente en tramitación no Congreso dos deputados), que foi preparado ás costas do sector mar industria alimentario, e dende un texto alleo á Lei de Costas contén un precepto crucial (o artigo 18) que non só altera a duración das concesións de ocupación para o sector Mar Industria Alimentario Galego do noso dominio público marítimo-terrestre senón que deixa aberta a porta a que o órgano directivo de quenda dun Ministerio outorgue ou denegue concesións e prórrogas con total discrecionalidade, nunha norma uniforme para tódolos sectores e para tódolos lugares aplicando tabula rasa para toda a costa española sen atender á historia ou á relación socioeconómica do sector Mar Industria con Galicia.

Ambos factores (duración
e seguridade xurídica) son os puntos vitais dos que depende non só o futuro
crecemento da nosa industria senón a permanencia mesma das empresas existentes,
moitas das cales levan xeracións creando riqueza e emprego estable no noso
pobo.
Por ese motivo, o noso
sector mar industria alimentario necesita o apoio institucional local e
comarcal por ser imprescindible a garantía e o mantemento do emprego nos
sectores afectados por este novo intento de modificar a Lei de Costas, nesta
ocasión a través do artigo 18 do Proxecto de Lei de Cambio Climático.
Non se pode poñer en risco os miles de postos de traballo existentes en devandito dominio público, sendo en gran parte mulleres e ademais estando nuns enclaves no que dificilmente se ten outra alternativa laboral.
Resulta necesario dar
unha tranquilidade e Seguridade xurídica ás empresas, non levando a cabo
ningunha medida que poña en risco os miles de postos de traballo que, en caso
de modificarse o citado artigo 18 de proxecto de Lei de Cambio Climático sen o
consenso cos axentes sociais, produtivos e empresariais do sector Mar Industria
Alimentario poden verse seriamente en risco.
Por iso solicita de forma urxente.
Instar aos Grupos do Congreso dos Deputados e ao Goberno do Estado a:
Realizar a emenda do proxecto, considerando totalmente necesario que se modifique a redacción do articulo 18 da Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética garantindo a seguridade xurídica ademais da estabilidade a tódolos sectores que conforman o sector do Mar Industrial Local, avalando as garantías necesarias como mantemento de emprego e sustentar unha actividade arraigada nas nosas costas, coa necesaria base social e económica na costa de Galicia.
Acraración da Redacción de Infogauda:
Ainda que esa información non nos fora facilitada oportunamente, senón a posteriori da publicación da mesma, pregamos disculpas por non haber indicado no día de onte luns día 7 de setembro de 2020, que o documento fora presentado no rexistro do Concello de A Guarda polo concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, como unha moción que é asumida por Converxencia Galega.

Ningún comentario:
Publicar un comentario