7 de set. de 2020

A GUARDA

TRANS MIÑO OFRECE OS DATOS DAS ACTIVIDADES QUE DESENVOLVEU NO MERCADO DE ARTESANÍA  

Destacan os 294 preservativos repartidos entre a xuventude nas dúas fins de semana que se celebrou ese evento  

A prol da transparencia comunican que recadaron 195.44€ 

A Asociación Trans Miño participou no Mercado de Artesanía organizado pola Concelleía de Desenvolvemento Local
Foto: A.T.M.


Asociación Trans Miño / A Guarda

 Desde a Asociación Trans Miño, e desde a sección Trans Miño-LGTBIQ+ queremos dar conta dos resultados que obtivemos no Mercado de Artesanía que por parte da Concellalía de Desenvolvemento Local, se viu facendo estas dúas últimas fins de semana na Praza Avelino Vicente.  

 No devandito Mercado de Artesanía, esta asociación expuxo o seu material de promoción, co obxectivo de conseguir financiamento para poder afrontar as actividades que se van a levar a cabo. Tamén fixo reparto de material preventivo ante as enfermidades de transmisión sexual (ETS), entre os mozos de 17 a 35 anos, sendo o número total de preservativos entregados de 294, resultando unha das actividades que máis auxe tivo, copiando o modelo levado nesta ocasión para próximos eventos ou mesas informativas que se farán.  

 Grazas ao evento púdose chegar a dar información dos obxectivos e actividades ofrecidas pola asociación a 18 persoas, interesándose polas mesmas 14, que xa forman parte das diversas actividades, tanto de formación como de voluntariado.  

 Un dos obxectivos principais de Trans Miño é a transparencia, sendo unha entidade onde as normas de transparencia e de bo facer, están recollidas nun decálogo. Uns dos puntos do devandito decálogo é informar das doazóns adquiridas, en calquera evento que se faga.  

 A contía de doazóns no Mercado de Artesanía ascendeu a un total de 195,44€, importe que servirá para axudar a financiar as próximas campañas así como as actividades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario